Triops | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Triops longicaudatus | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
|
Triops é un xénero de pequenos crustáceos da clase dos branquiópodos, orde dos notostráceos, un dos dous que comprende a súa única familia, a dos triópsidos.[1][2]
A súa morfoloxía externa (fenotipo) aparentemente non cambiou desde o Triásico (por exemplo, Triops cancriformis, que vive desde hai 220 millóns de anos) é probabelmente a «especie animal vivente máis vella sobre a Terra».[3]
O xénero foi descrito en 1909 polo sacerdote, botánico e entomólogo alemán Franz von Paula Schrank.[1][2]
O nome Triops está formado pola unión dos elementos tri- e -ops. O primeiro procede do latín tri-, calco do grego antigo τρι-, derivado de τρια "tres", e o segundo do grego antigo ὤψ ṓps, "ollo".[4][5] Literalmente, "os que teñen tres ollos".
Ademais de polo nome actualmente válido, o xénero coñeceuse tamén polos sinónimos:[1][2]
Na actualidade recoñécense as seguintes especies dentro do xénero:[1]
Teñen un tamaño medio de 4 a 6 cm, pero algunhas especies poden alcanzar os 15 cm. Os triops caracterízanse por teren unha cabeza en forma de ferradura. Como o seu nome indica, teñen tres ollos (ver etimoloxía). Como todos os notostráceos posúen un ollo naupliano e dous ollos compostos sésiles. (Ver as características en Notostráceos).
Os dous ollos máis grandes realizan a función do órgano visual. O terceiro é á vez un órgano que detecta a luz e a temperatura, permitíndolles desprazarse cara ás condicións máis favorábeis a priori (onde a produtividade vinculada á fotosíntese será probabelmente máis importante e, polo tanto, o seu alimento máis abundante).
Os triops son fotófilos (amantes da luz) e pola noite son irresistiblemente atraídos pola luz, o que os fai vulnerábeis á contaminación lumínica. A disposición dos seus ollos non lles permite ver a comida nin as gravas, rochas ou sedimentos sobre os que se moven, pero contan con outros sensores para iso.
Os triops encóntrase en lagoas ou lagoas temporais en gran parte do mundo, incluso en Australia,[6] onde unha especie é curiosamente próxima (xenética e morfoloxicamente) a unha especie que vive en Alasca a 11 000 km de distancia,[7] probabelmente grazas ao transporte de ovos por parte dunha ave migratoria, Limosa lapponica.
A súa esperanza de vida é bastante curta, da orde dunha estación quente, incluso en catividade, onde raramente superan os 2 meses. Para sobreviviren, estas especies compensan esta curta esperanza de vida cunha forte adaptación dos ovos (microscópicos) á deshidratación e á calor, o que lles permite sobrevivir varios anos fóra da auga.
Durante 2004 as abundantes precipitacións no macizo de Ahaggar (Alxeria) rexeneraron vellos puntos de auga (güeltas) que levaban anos completamente secos. Inmensas dunas estaban cubertas dunha especie herbácea que creceu de súpeto. Decenas de triops se retorcían en grandes estanques, entón foron identificados como a especie Triops numidicus polo Museo Nacional de Historia Natural de Francia de París. O seu tamaño era de polo menos de 8 a 10 cm de longo.
Os triops aliméntanse de residuos orgánicos, microflora do fondo e pequenos organismos. En catividade, aceptan alimentos destinados a peixes tropicais, así como mazás ou cenorias finamente picadas.
O xénero Triops pódese distinguir do único outro xénero vivo dos notostráceos, Lepidurus, pola forma do telson (o final da súa "cola"), que só ten un par de extensións caudais longas e finas en Triops, mentres que Lepidurus tamén presenta un proceso central similar a unha placa. Só 24 horas despois da eclosión xa semellan versións en miniatura da forma adulta.[8]
Os triops chámanse ás veces "fósiles vivos", xa que os fósiles que foron atribuídos a este xénero atopáronse en rochas de centos de millóns de anos de antigüidade.[9] Porén, unha análise coidadosa destes fósiles non pode asignar definitivamente estes exemplares a Triops.[10] As estimacións do reloxo molecular suxiren que Triops separouse de Lepidurus durante o Triásico ou o Xurásico, hai entre 152,3 e 233,5 millóns de anos. As primeiras liñaxes diverxentes de Triops vivos encontráronse en zonas que forman parte do antigo supercontinente Gondwana, o que suxire que Triops se orixinou en Gondwana.[11]
Os triops pódense encontrar en África, Australia, Asia, América do Sur, Europa e nalgunhas partes de América do Norte onde o clima é adecuado. Algúns ovos quedan sen eclosionar do grupo anterior e eclosionan cando a chuvia empapa a zona. Os triops adoitan atoparse nas lagoas temporais primaverais.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Triops |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Triops |