True Corporation é un conglomerado de empresas de comunicación de Tailandia, filial do grupo Charoen Pokphand. True controla o primeiro operador de televisión por cable do país, TrueVisions, o principal provedor de Internet, True Internet e o terceiro operador de telefonía móbil, True Move.
True Corporation estableceuse en 1990, entón denominábase TelecomAsia, e mantiña unha alianza estratéxica coa compañía estadounidense Verizon; en 1993 comezou a cotizar na Bolsa de Tailandia . No 2001 acordou con Orange establecer unha filial para o servizo de telefonía móbil, e aínda que Orange vendeu a súa participación en 2003, seguiu a utilizar o nome de Orange ata 2006 cando mudou o nome para True Move.
No 2004 a compañía mudou de nome para pasar a denominarse True Corporation.