Nome orixinal | (ja) 石原 恒和 |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 27 de novembro de 1957 (66 anos) Toba, Xapón |
Educación | University of Tsukuba (en) |
Actividade | |
Ocupación | xerente |
Premios | |
| |
Tsunekazu Ishihara (石原恒和?), nado o 27 de novembro de 1957, é un deseñador, director e produtor de videoxogos xaponés, ademais de ser o presidente de The Pokémon Company. Antes de traballar para a serie Pokémon, Ishihara formou parte de Ape Inc. e colaborou en títulos como EarthBound. Dez anos máis tarde fundou Creatures Inc.
Ishihara traballou eh Pokémon dende as primeiras fases de desenvolvemento na década de 1990, sendo produtor de criaturas ó tempo que traballou en conseguir licenzas de produtos spin-off como o Pokémon Trading Card Game, sendo fundador de The Pokémon Company para poder xestionar todas estas actividades. Tamén foi unha persoa crucial no desenvolvemento de Pokémon Go, dando o seu apoio ó concepto dun xogo de Pokémon baseado na localización.
Ishihara naceu o 27 de novembro de 1957 na cidade de Toba, na prefectura de Mie. En 1983, completou un mestrado en Arte e Deseño na Universidade de Tsukuba.[1][2] Logo da súa graduación uniuse a Ape Inc. en 1991, onde traballou no desenvolvemento de varios videoxogos,[3] entre outros Mario & Wario (1993) e EarthBound (1994).[4][5] En 1995, despois de deixar Ape Inc., Ishihara fundou a empresa de desenvolvemento Creatures Inc., [6] coa asistencia de Satoru Iwata.[7] No ano 2019, Ishihara era director representante e xefe de criaturas.[8]
A Galipedia ten un portal sobre: Xapón |