PGE Turów Zgorzelec | |
Información xeral | |
---|---|
Liga | I Liga |
Fundación | 1948 (1964) |
Cores | Verde, negro |
Presidente | Waldemar Łuczak |
Adestrador | Miodrag Rajković |
Patrocinador | Polska Grupa Energetyczna (PGE) |
Vestimenta | Spalding |
Localización | |
Cidade | Zgorzelec, Polonia |
Pavillón | PGE Turów Arena |
Capacidade | 3.500 |
Campionatos | |
Liga | 1 (2014) |
ksturow.eu |
O Koszykarski Klub Sportowy Turów Zgorzelec S.A., coñecido por motivos de patrocinio como PGE Turów Zgorzelec, é un club profesional de baloncesto polaco da cidade de Zgorzelec. Actualmente compite na I Liga, a segunda categoría do baloncesto polaco.
A sociedade deportiva orixinal orixinal foi fundada en 1948, sendo no seu orixe un club polideportivo con sede na cidade de Bogatynia, no que destacaba a sección de fútbol chamada KS Miner Turoszów. Anos despois, en 1961, o club muda o seu nome a Sports Club Turów. Porén, non sería até 1964 que o club forma a súa sección de baloncesto masculino. Tan só un ano despois, en 1965, o club trasládase de Bogatynia a Zgorzelec. Trece anos despois, en 1978, o club conbsegue o seu primeiro ascenso á Polska Liga Koszykówki, a máxima liga do baloncesto polaco. Nela permanece ininterrompidamente até 2003, o que fixo unha de 25 anos. Con todo, o club gaña inmediatamente o título da Segunda División e regresa en 2004 á máxima categoría.
No ano 2006, a sección de baloncesto adopta o nome de KKS Turów Zgorzelec S.A. Un ano despois, o club chega un acordo con Polska Grupa Energetyczna (PGE), a maior compañía polaca de produción de electricidade, pasando a ser o nome do club por motivos de patrocinio "PGE Turów Zgorzelec" desde aquela. Entre os anos 2007 e 2013 o club chega a cinco finais de liga, porén non conesegue vencer en ningunha delas, sendo sempre o seu rival o Asseco Prokom Gdynia. A sorte mudaría un ano despois, conseguindo no ano 2014 o seu primeiro título de Liga ante o Zielona Góra, tras vencelos na final por 4-2. Isto permitiu a clasificación do club por vez primeira na súa historia á Euroliga, sendo o cuarto equipo de Polonia en conseguilo. Porén, tan só consegue gañar un partido: o 6 de novembro ante o Bayern München por 89–78 na casa.