TvOS | |
---|---|
Desenvolvedor | Apple Inc. |
Lanzamento | 9 de xaneiro de 2007 | como Apple TV Software
En galego | Non |
Sitio web | https://developer.apple.com/tvos/ |
tvOS (anteriormente Apple TV Software ) é un sistema operativo desenvolvido por Apple Inc. para o Apple TV, un reprodutor dixital multimedia.
No Apple TV de primeira xeración, o software estaba baseado en Mac OS X.[1] A partir da segunda xeración, o software está baseado no sistema operativo iOS e ten moitas tecnoloxías e conceptos similares. Os Apple TV de segunda e terceira xeración teñen varias aplicacións integradas, pero non admiten aplicacións de terceiros. O 9 de setembro de 2015, Apple anunciou o Apple TV de cuarta xeración, con soporte para aplicacións de terceiros. Apple tamén cambiou o nome do sistema operativo de Apple TV a tvOS, adoptando a nomenclatura camelCase que estaban a usar para os seus outros sistemas operativos, iOS e watchOS.[2]