Two Lovers | |
---|---|
Ficha técnica | |
Guión | James Gray Ric Menello |
Intérpretes | Joaquín Phoenix Gwyneth Paltrow John Ortiz Vinessa Shaw Samantha Ivers |
Fotografía | Joaquín Baca-Asay |
Duración | 95 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Drama |
Na rede | |
http://www.twoloversmovie.com/ | |
Two Lovers é un filme estadounidense de James Gray (director de películas coma "We own the night") estrenada en 2008, inspirada na obra de Fiódor Dostoievski, Noites brancas. Foi amplamente alabada no festival de Cannes de 2008.
Leonard é un home con problemas emocionais que vive cos seus pais nun pequeno apartamento en Nova York. A súa vida complícase coa chegada de dúas mulleres: por un lado Michelle, a guapa veciña coa que Leonard recoñece o amor dos seus soños xa que tamén leva unha vida moi inestable, e por outro lado Sandra, a filla duns amigos de negocios do seu pai, de carácter bondadoso que está perdidamente namorada de Leonard. O protagonista debe escoller entre o amor dos seus soños ou o amor da súa vida.