Ulysse 31 宇宙伝説ユリシーズ 31 (Uchū Densetsu Yurishīzu Sātīwan) | |
---|---|
Formato | Animación |
Creado por | Bernard Deyriès Jean Chalopin Nina Wolmark inspirados na Odisea de Homero |
Desenvolvido por | DiC Audiovisuel Tokyo Movie Shinsha |
Intérpretes | Animación |
País de orixe | ![]() ![]() |
Episodios | 26 |
Produción | |
Duración | 25 min |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | Sindicación |
Primeiro episodio | 10 de outubro de 1981 |
Derradeiro episodio | 3 de abril de 1982 |
Na rede | |
http://www.ulysses-31.com | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Ulises 31, orixinalmente co título Ulysse 31 (宇宙伝説ユリシーズ 31 Uchū Densetsu Yurishīzu Sātīwan?) (lit. Ulises 31, a lenda do espazo) é unha serie de debuxos animados de ciencia ficción franco-xaponesa, creada polo francés Jean Chalopin para a televisión no ano 1981, que actualiza o poema épico da Odisea de Homero. A serie conta con 26 episodios de 30 minutos cada un e foi producida conxuntamente por DiC Audiovisuel e polos estudios de anime Tokyo Movie Shinsha (TMS Entertaiment). Foi emitida na TVG a principios da década de 1990. A trama da serie describe a disputa de Ulises contra as entidades divinas que rexen o universo no século XXXI, os deuses da mitoloxía grega.
Ulises, comandante da nave espacial Odisea, destruíu o Ciclope para salvar uns nenos, incluíndo o seu fillo Telémaco, provocando a ira dos deuses do Olimpo. O deus Poseidón pide axuda a Zeus, que condena a Ulises a viaxar polo universo coa súa tripulación conxelada, que permanecerá hibernada mentres non atope o reino de Hades, será entón cando a tripulación volverá á vida e poderán regresar á Terra. Ao longo do percorrido atopan moitas dificultades, encontrándose con outras figuras da mitoloxía grega, representados dende unha perspectiva futurista.