Ultraviolet | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Ultraviolet |
Director | Kurt Wimmer |
Produtor | John Baldecchi Lucas Foster Tony Mark Pauline Chan |
Guión | Kurt Wimmer |
Baseado en | Trece badaladas de Suso de Toro |
Intérpretes | Milla Jovovich Cameron Bright Nick Chinlund William Fichtner |
Música | Klaus Badelt |
Fotografía | Arthur Wong Jimmy Wong |
Montaxe | William Yeh |
Estudio | Ultravi Productions |
Distribuidora | Screen Gems |
Estrea | 3 de marzo de 2006 |
Duración | 88 minutos 94 minutos (sen cortar) |
Orixe | China Estados Unidos |
Xénero | Ciencia ficción |
Orzamento | $30.000.000[1] |
Recadación | $31.070.211 |
Na rede | |
http://www.sonypictures.com/homevideo/ultraviolet | |
Ultraviolet é un filme estadounidense escrito e dirixido por Kurt Wimmer e producido por Screen Gems que se estreou no 2006. Está protagonizado por Milla Jovovich, que interpreta a Violet Song, e por Cameron Bright no papel de Six.
A finais do século XXI, xorde unha subcultura de seres humanos cunha mutación xenética: están dotados dunha abraiante velocidade, unha incrible resistencia e unha grande intelixencia. A medida que hai máis persoas contagiadas, o temor do goberno medra e os mutantes son tratados coma marxinados. O goberno tomou a determinación de acabar con eles, mais unha muller está decidida a impedilo: a fermosa e letal Violet (Milla Jovovich).