Unha pantasma anda solta pola casa | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | We Have a Ghost |
Director | Christopher Landon |
Produtor |
|
Guión | Christopher Landon |
Baseado en | "Ernest" de Geoff Manaugh |
Intérpretes |
|
Música | Bear McCreary[1] |
Fotografía | Marc Spicer |
Montaxe | Ben Baudhuin |
Estudio |
|
Distribuidora | Netflix |
Estrea | 24 de febreiro de 2023 |
Duración | 127 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Terror e comedia |
Orzamento | 75,3 millóns de dólares[2] |
Na rede | |
Unha pantasma anda solta pola casa[3] (en inglés: We Have a Ghost) é un filme estadounidense de 2023 escrito e dirixido por Christopher Landon. Baséase na historia curta de 2017 "Ernest" escrita por Geoff Manaugh. Está protagonizado por David Harbour, Jahi Winston, Tig Notaro, Jennifer Coolidge e Anthony Mackie. Estreouse o 24 de febreiro de 2023 a través de Netflix,[4] onde conta con opción subtitulada ao galego. Recibiu valoracións dispares por parte da crítica.