Universidade de Córdoba | |
---|---|
![]() | |
Datos xerais | |
Localización | Córdoba ![]() |
Fundación | 1972 |
Datos actuais | |
Reitor | Manuel Torralbo Rodríguez |
Alumnos | 21.000 (2023) |
Datos de contacto | |
Enderezo | Avenida Medina Azahara, s/n Córdoba, ![]() |
Páxina web | www.uco.es |
![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Universidade de Córdoba (UCO) é unha institución pública de educación universitaria que se atopa na cidade de Córdoba, España. Creada en 1972, afunde as súas raíces a través da súa Facultade de Veterinaria no século XIX. Oferta estudos de grao e posgrao en humanidades, ciencias sociais, ciencias da saúde, ciencias naturais e enxeñaría.
Fundada en 1972, afunde as súas raíces na Universidade Libre que funcionou na provincia a finais do século XIX e contaba con estudos centenarios como os de Veterinaria, únicos en Andalucía.
Os estudos da UCO van dende as Humanidades e as Ciencias Xurídico-Sociais ás Ciencias da Saúde e as carreiras científico-técnicas, tres áreas que se corresponden coa súa estruturación en tres grandes campus: o xurídico social, integrado no centro urbano; o da Saúde, ao oeste da capital, e o agroalimentario, científico e técnico de Rabanales, na área leste. Ademais, a UCO conta coa Escola Politécnica de Belmez, situada a sesenta quilómetros da capital cordobesa.
O campus de Rabanales concentra boa parte da produción científica da Universidade, situada á vangarda da investigación na comunidade autónoma andaluza e entre as institucións investigadoras máis relevantes a nivel nacional.
A Universidade de Córdoba preside na actualidade o Campus de Excelencia Internacional Agroalimentario (ceiA3).
A universidade publica diversos libros e revistas a través da súa editorial, UCOPress.
A Universidade de Córdoba conta cos seguintes centros de investigación:[1]
Os reitores da Universidade de Córdoba dende a súa fundación en 1972 foron:[3]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Universidade de Córdoba |