A Universidade de Murcia (UM) é unha universidade pública española, situada na Rexión de Murcia (España). Os seus centros atópanse distribuídos en cinco campus. Foi fundada en 1915. Ten aproximadamente 38.000 alumnos.
En 2002 principiou, apoiada en varios patrocinadores coma o Banco de Santander ou a Fundación Séneca, a dixitalización do Fondo Histórico da súa Biblioteca, dando lugar á creación da Biblioteca Dixital Floridablanca.
- Campus de La Merced. É historicamente o primeiro campus, situado no centro da cidade de Murcia.
- Campus de Espinardo. É o campus máis grande, situado ao norte do municipio de Murcia, cerca do barrio murciano de Espinardo, en territorio das pedanías de El Puntal e Guadalupe.
- Campus de Ciencias da Saúde. Situado xunto ao Hospital Universitario Virxe da Arrixaca, na pedanía murciana de El Palmar.
- Campus de Ciencias do Deporte. Situado no municipio de San Javier, a beiras do Mar Menor.
- Campus de Lorca. Situado no municipio de Lorca.
A Universidade de Murcia está conformada por facultades e escolas universitarias, tendo carácter propio as facultades e adscrito as escolas universitarias.
- Facultade de Belas Artes
- Facultade de Bioloxía
- Facultade de Ciencias do Deporte
- Facultade de Ciencias do Traballo
- Facultade de Ciencias Sociosanitarias
- Facultade de Comunicación e Documentación
- Facultade de Dereito
- Facultade de Economía e Empresa
- Facultade de Educación
- Facultade de Enfermería
- Facultade de Filosofía
- Facultade de Informática
- Facultade de Letras
- Facultade de Matemáticas
- Facultade de Medicina
- Facultade de Óptica e Optometría
- Facultade de Psicoloxía
- Facultade de Química
- Facultade de Traballo Social
- Facultade de Veterinaria
- Escola Universitaria de Turismo de Murcia (centro adscrito)
- Escola Universitaria de Enfermería de Cartagena (centro adscrito)
- Instituto Superior de Ensinos ISEN Formación Universitaria (centro adscrito)
- Escola Universitaria de Osteopatía (centro adscrito)