Universidade do Norte de Illinois

Altgeld Hall e Still Hall na College Ave.

A Universidade do Norte de Illinois (en inglés Northern Illinois University, NIU) é unha universidade pública situada en DeKalb, Illinois, Estados Unidos.

Foi fundada o 22 de maio de 1895 polo gobernador de Illinois John P. Altgeld como un campus satélite do que hoxe é a Universidade Estatal de Illinois. O campus de DeKalb chamouse orixinariamente Northern Illinois State Normal School.

Hoxe en día a Universidade do Norte de Illinois é unha universidade pública independente e creceu máis que a súa escola matriz, con máis de 25 000 estudantes matriculados. A NIU é membro da National Association of State Universities and Land-Grant Colleges, e é a segunda universidade máis grande do estado, despois da Universidade de Illinois en Urbana-Champaign. O campus principal da NIU está situado aproximadamente a 104 km ao oeste de Chicago. A universidade ten campus satélites en Hoffman Estates, Naperville, Rockford e Oregón.

Durante as tres últimas décadas, a NIU esperimentou unha grande expansión, destacando a apertura da súa Facultade de Dereito en 1979. Hoxe, a universidade imparte sete titulacións universitarias que ofrecen conxuntamente 54 pregraos e 74 programas de posgrao, así como 12 programas de doutoramento.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]