Unorthodox | |
---|---|
Formato | Drama |
Desenvolvido por | Studio Airlift Real Film Berlin Gmbh |
Dirixido por | Maria Schrader |
Intérpretes |
|
País de orixe | Estados Unidos Alemaña |
Lingua(s) | Inglés |
Temporadas | 1 |
Episodios | 4 |
Produción | |
Produtor(es) executivo(s) | Alexa Karolinski |
Duración | 54 minutos |
Distribuidor | Netflix |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | Netflix |
Primeiro episodio | 26 de marzo de 2020 |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Unorthodox é unha miniserie xermana-estadounidense que se estreou en Netflix o 26 de marzo de 2020. A serie está vagamente baseada na autobiografía Unorthodox: The Scandalous Rejection of My Hasidic Roots de Deborah Feldman, publicada no ano 2012. É a primeira serie de Netflix en yiddish.
Unha rapaza xudía de dezanove anos chamada Esty escapa dun matrimonio arranxado e da súa comunidade ultraortodoxa en Williamsburg, Brooklyn, na cidade de Nova York.[1] Múdase a Berlín, onde vive a súa nai, tentando levar unha vida secular e querendo entrar nun conservatorio de música.[2] O seu marido, quen descobre que está embarazada, viaxa a Berlín co seu curmán por orde do seu rabino para tentar atopala e traela de volta.[3]