Unterhaltungssoftware Selbstkontrolle | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Nome curto | USK e FSU GmbH ![]() | |||
Tipo | negocio ![]() | |||
Forma xurídica | Gesellschaft mit beschränkter Haftung ![]() | |||
Persoas e organizacións | ||||
Membro de
| ||||
Actividade | ||||
Campo de traballo | videoxogo e sistema de clasificación de contido de videoxogos ![]() | |||
Data | ||||
Fundación | 1994 ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
País | Alemaña ![]() | |||
Sede | Berlín ![]() | |||
Contacto | ||||
Páxina WEB | usk.de ![]() | |||
Teléfono | +49-30-240-8866-0 ![]() | |||
Correo | mailto:kontakt@usk.de ![]() | |||
Redes | ![]() ![]() ![]() ![]() | |||
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |
Unterhaltungssoftware Selbstkontrolle, traducido como Autocontrol no Software de Entretemento e abreviado comunmente como USK, é unha organización de clasificación de videoxogos en Alemaña.
O logotipo oficial de USK é un cadrado volteado de fondo amarelo e bordo branco, con 2 siluetas xuntas de cor negra no centro e unha banda gris coas letras USK nela. Tamén existen outros logotipos semellantes, diferenciados principalmente pola cor do fondo e o número que neles se indica, os cales cualifican o software segundo o seu contido e a idade dos usuarios a quen van destinados.
O software pode recibir unha das seguintes clasificacións:
Logotipo | Clasificación USK | Descrición das clasificacións |
---|---|---|
![]() |
(Sen restricións de idade) |
Non hai restricións de idade sobre a venda do xogo. Porén, a idoneidade para os nenos só se refire á violencia ou contenido sexual; a dificultade e complexidade do xogo pode ser aínda inadecuado para os máis pequenos. Esta clasificación pode incluír xogos como Super Mario Bros., The Legend of Zelda: Link's Awakening, Kirby's Dream Land, a saga Gran Turismo e a serie FIFA. |
![]() |
(Para maiores de 6 anos) |
Os xogos con esta clasificación poden ter unha natureza cómica ou abstracta, pode ter un tema escuro o pode ser demasiado complicado para nenos menores de 6 anos. Esta clasificación pode incluír xogos como Point Blank, Kirby Star Allies, Rocket League, Super Mario Galaxy e Lego Star Wars II: The Original Trilogy. |
![]() |
(Para maiores de 12 anos) |
Os xogos con esta clasificación poden enfocarse en guerras ou loita de personaxes. A loita sitúase nun contexto histórico ou de ciencia ficción e a violencia mantense nun mínimo. Esta clasificación pode incluír xogos como Fortnite, Dragon Ball FighterZ, Midnight Club: Los Angeles, The Legend of Zelda: Breath of the Wild, Metroid Prime e Super Smash Bros. Brawl. |
![]() |
(Para maiores de 16 anos) |
Os xogos de violencia moderada (sen sangue visible) reciben esta clasificación, podendo abranguer diversos temas de adultos. Esta clasificación pode incluír xogos como Tom Clancy's Splinter Cell: Double Agent, Anthem, Star Wars: Battlefront II, Diablo, Resident Evil: Revelations e Battlefield 1 (2016) |
![]() |
(Para maiores de 18 anos) |
Estes xogos poden conter escenas máis violentas con sangue incluído, podendo glorificar as guerras ou a violación dos dereitos humanos. Esta clasificación pode incluír xogos como Happy Wheels, Warframe, Hitman: Blood Money, Resident Evil (Versión DS), Call of Duty: WWII, Grand Theft Auto V, Payday 2 e Payday: The Heist. |
![]() |
(Clasificación pendente) |
É usado antes do lanzamento dun videoxogo para definir a clasificación deste. |
A cualificación para determinados xogos pode referirse ás clasificacións mencionadas, no que algúns elementos do xogo poden ser cambiados a fin de lograr unha clasificación para usuarios máis novos ou para garantir que o xogo poida ser vendido. Por exemplo, a versión alemá de Grand Theft Auto, a partir da terceira entrega, foi editada cortando algunhas das súas características, tendo menos armas, non soltando diñeiro os civís unha vez mortos e desapareceron algunhas misións, podendo ser clasificada entón como "USK 16"; mentres que por outro banda, a versión estadounidense non foi editada e, polo tanto, só poden ser vendidos a adultos. Porén, Grand Theft Auto 4 non foi editado e recibiu unha cualificación de "USK 18".
Esta é unha práctica moi común, especialmente nos xogos que adoitan recibir unha cualificación "USK 18". Un problema potencial desta "autocensura" é que pode perderse o ambiente orixinal dun xogo. Nalgúns casos, houbbo que mudar a sinopse dalgúns xogos para poder optar por unha cualificación USK máis ampla.