Uphaar | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | उपहार |
Director | Sudhendu Roy |
Produtor | Tarachand Barjatya |
Baseado en | Samapti de Rabindranath Tagore |
Intérpretes | Jaya Bhaduri Kamini Kaushal |
Música | Laxmikant Pyarelal |
Estrea | 10 de decembro de 1971 |
Orixe | India |
Na rede | |
Uphaar (en hindi: उपहार) é un filme indio de 1971 dirixido por Sudhendu Roy. Producido por Tarachand Barjatya para Rajshri Productions, está protagonizado por Jaya Bhaduri, Swarup Dutta e Kamini Kaushal. A música é obra de Laxmikant Pyarelal.
Foi escollido como candidato da India para o Óscar ó mellor filme internacional na 45ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.[1] Anos despois, este filme foi dobrado en varias linguas do sur da India, incluíndo o éxito en malayalam Upaharam en 1972.[2]