Vaca e polo | |
---|---|
Logo de Vaca e polo | |
Formato | Animación, comedia |
Creado por | David Feiss |
Desenvolvido por | Hanna-Barbera Cartoons David Feiss Productions Rough Draft Studios WildBrain |
Intérpretes | Charlie Adler Dee Bradley Baker Candi Milo Howard Morris Dan Castellaneta |
Tema de apertura | "Cow and Chicken" de Guy Moon |
Tema de peche | "Cow and Chicken" (Instrumental) |
País de orixe | Estados Unidos |
Lingua(s) | Inglés |
Temporadas | 4 |
Episodios | 52 (104 segmentos) (Lista de episodios) |
Produción | |
Produtor(es) executivo(s) | Brian A. Miller Sherry Gunther (tempadas 1–2) Larry Huber (tempada 1) Buzz Potamkin (só piloto) Para Cartoon Network (tempadas 3–4): Linda Simensky (tempdas 3–4) e Khaki Jones (tempadas 3–4) |
Duración | 12 minutos |
Distribuidor | Warner Bros. Television Distribution |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | Cartoon Network |
Formato de imaxe | 480i (4:3 SDTV) |
Primeiro episodio | 15 de xullo de 1997 |
Derradeiro episodio | 24 de xullo de 1999 |
Na rede | |
http://www.cartoonnetworkla.com/english/cowchicken/index.html | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Vaca e polo (en inglés: Cow and Chicken) é unha serie de animación estadounidense de comedia creada por David Feiss para Cartoon Network, sendo a terceira das producións de Cartoon Cartoons. Conta as aventuras surrealistas de dous animais irmáns, unha vaca e un polo. A miúdo lidian co seu antagonista, Red Guy, unha caricatura do Demo que trata de enganar ás dúas personaxes.
O piloto orixinal da serie estreouse como parte de What a Cartoon!. A popularidade da curta permitiu a Hanna-Barbera dar luz verde para a creación dunha serie completa, que se estreou o 15 de xullo de 1997. Orixinalmente, Vaca e polo estaba unido a outro segmento chamado Mandril e donicela, que máis tarde se convertería na súa propia serie, o 10 de xuño de 1999. A serie foi producida por Hanna-Barbera Cartoons. Foi nomeada a dous Premios Emmy.
Estreouse en galego a través da TVG no espazo infantil e xuvenil Xabarín Club.