Atención: Este artigo ou sección semella conter investigacións orixinais. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2018.) |
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Comunidade de Madrid | ||||
Provincia | provincia de Madrid | ||||
Datos históricos | |||||
Disolución | 22 de decembro de 1950 | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 28514 | ||||
Vallecas é unha extensa zona do sueste da cidade de Madrid, única entidade estendida de modo pluridistrital dentro da capital. Foi un municipio independente, dentro do partido xudicial de Alcalá de Henares, ata 1950, cando é anexionado a Madrid.
O territorio do antigo concello divídese en dous distritos: Puente de Vallecas, ao noroeste, e Villa de Vallecas, ao sueste, que se dividen nos barrios administrativos de Centro histórico de Vallecas e Santa Eugenia, pertencentes a Villa de Vallecas, e Entrevías (incluído El Pozo del Tío Raimundo), San Diego, Palomeras Bajas, Palomeras Sureste, Portazgo e Nueva Numancia, pertencentes a Puente de Vallecas.
No mes de xuño, nas festas do barrio celébrase a batalla naval, na "Plaza Vieja", corazón de Vallecas, que xunto aos bulevares forman o núcleo tradicional do barrio na zona do "Puente de Vallecas". Outra rúa importante é a do "Payaso Fofó", xunto ao campo do Rayo, pois esta famosa familia de pallasos e cómicos criouse no barrio durante moitos anos, de feito Fofó esta soterrado no cemiterio do "Pueblo de Vallecas".
A vía principal do barrio é a "Avenida de la Albufera".
A Asemblea de Madrid tamén está situada no barrio de Vallecas na zona de San Diego.
Desde o ano 1960 ata agora no 2006, sufriu unhas transformacións similares aos outros barrios da periferia de Madrid, pasou de ter rúas sen asfaltar e sen iluminar a estar completamente cheo de servizos: rede de metro, urbanización das rúas, zonas axardinadas ou grandes centros comerciais.
Vallecas é sede e dá nome a un equipo de fútbol, o Rayo Vallecano de Madrid, que xoga na Primeira División Española, que chegou a xogar a Copa da UEFA na tempada 2000/01 e que no ano 1977 foi alcumado como o "Mata xigantes" polas súas vitorias contra os equipos grandes.
Deportivamente ten outra proba moito importante, a San Silvestre Vallecana, que se celebra o 31 de decembro, é unha carreira de atletismo de 10 km que se celebra en dúas categorías, a profesional e a popular, e remata no estadio do Rayo Vallecano.