Vespa luctuosa | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||
Vespa luctuosa Saussure, 1854 | |||||||||||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||
|
Vespa luctuosa é unha especie de insecto himenóptero da suborde dos apócritos, familia dos véspidos, subfamilia dos vespinos, tribo dos Vespini unha das integradas no xénero Vespa.[1][2]
É unha avespa coñecida polo seu potente veleno.
A especie foi descrita en 1854 polo entomólogo suízo, especializado en himenópteros e ortópteros, Henri Louis Frédéric de Saussure.[1][2]
Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polo sinónimo:[2]
Dentro da especie recoñécense as tres subespecies seguintes:[2]
Vespa luctuosa mide 5 cm de longo, sendo a segunda avespa máis grande, despois do avespón xigante asiático (Vespa mandarinia).
Tende a construír os seus niños colgantes en árbores e matogueiras. Só raramente os constrúe en estruturas e vivendas humanas. Os niños construídos por Vespa luctuosa son xeralmente esféricos durante as primeiras etapas da súa construción; despois de que desenvolven en tamaño, tenden a ter unha orientación vertical máis alongada.[3]
O veleno de Vespa luctuosa ten a maior toxicidade rexistrada para os ratos de calquera outra especie de avespa. A LD50 do veleno é de 1,6 mg/kg. A toxicidade (media, contra ratos) por peso do veleno de Vespa luctuosa é superior á do avespón xigante asiático, que é máis grande e que ten unha LD50 de 4,0 mg/kg, pero que é responsábel de moitas máis mortes humanas que Vespa luctuosa debido ao volume considerabelmente maior de veleno inxectado por picadura.[4]
Ademais de ser a avespa máis velenosa coñecida, Vespa luctuosa ten unha das toxicidades máis altas rexistradas de calquera veleno de insecto coñecido. Sábese que o veleno de formigas xénero Pogonomyrmex (especialmente Pogonomyrmex maricopa), así como a especie de formiga Ectatomma tuberculatum, son máis tóxicas.[4]
Alén da dor no sitio da picadura, os síntomas de envelenamento grave por Vespa luctuosa inclúen convulsións, cianose e hematuria.[5]
Debido ao seu potencial colonizador e constituír unha ameaza grave para as especies autóctonas, os seus hábitats ou os ecosistemas, esta especie foi incluída no Catálogo español de especies exóticas invasoras, aprobado por Real Decreto 630/2013, de 2 de agosto.[6]
![]() |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Vespa luctuosa |