| |||
Mapa | |||
---|---|---|---|
Información | |||
País | Islandia | ||
Rexión | Suðurland | ||
Subdivisións | 2 municipios | ||
Superficie | 5.663 km2 | ||
Poboación | 961 hab. (2009) |
Vestur-Skaftafellssýsla é un dos vinte e tres condados de Islandia. Está situado no sur de Islandia.
Este condado está localizado na zona sur de illa, na rexión de Suðurland, formada por este condado e os de Rangárvallasýsla e Árnessýsla. Limita cos condados de Rangárvallasýsla ao oeste e Austur-Skaftafellssýsla ao leste. Neste condado atópase o punto máis meridional da illa de Islandia, Kötlutangi.
O condado de Vestur-Skaftafellssýsla ten unha superficie total de 5.663 quilómetros cadrados para unha poboación total de 961 habitantes (2009), polo que a súa densidade de poboación é de tan só 0,16 habitantes por quilómetro cadrado, sendo unha das densidades máis baixas do país.
Vestur-Skaftafellssýsla comprende só 2 municipios, formados pola unión de varios (entre paréntese o nome dos municipios que os constitúen):
Vestur-Skaftafellssýsla comprende as seguintes localidades:
Localidades | Altitude (msnm) | Poboación (2004) |
---|---|---|
Dyrhólahverfi | 7,9 | 44 |
Grafarkirkja | 70 | 5 |
Kálfafell | 44,8 | 5 |
Kirkjubæjarklaustur | 31,6 | 5 |
Langholt | 11,8 | 5 |
Þrestbakki | 79,8 | 5 |
Reynir | 165,8 | 49 |
Skeiðiflötur | 50,9 | 44 |
Þykkvabæjarklaustur | 14,9 | 4 |
Vík-Handelssted | 0,1 | 47 |