(2010) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 28 de maio de 1981 (43 anos) París, Francia |
Educación | Vassar College (pt) L'École Internationale de Théâtre Jacques Lecoq (en) Shipley School (en) |
Actividade | |
Ocupación | cantante |
Período de actividade | 2004 - |
Xénero artístico | Dream pop e indie pop |
Tesitura | Contralto |
Instrumento | Teclado, voz e teclado |
Páxina web | beachhousebaltimore.com |
Victoria Garance Alixe Legrand, nada en París o 28 de maio de 1981, é unha músico franco-estadounidense, coñecida sobre todo por ser a principal vocalista, compositora e teclista da banda de dream pop Beach House.
Legrand medrou en Filadelfia (Pensilvania). De nena comezou a aprender a tocar o piano, pero deixouno con 18 anos.[1] Estudou arte dramático no Vassar College.[2] Despois de graduarse no ano 2003 mudouse a París para estudar interpretación en L'École Internationale de Théâtre Jacques Lecoq. Tras quedar decepcionada coa escola regresou a Filadelfia en 2004.[3]
Victoria é sobriña do compositor francés Michel Legrand e de Christiane Legrand de The Swingle Singers.[4] De adolescente formou parte dunha banda de versións de Led Zeppelin.[5]
No ano 2004 Legrand coñeceu ao nativo de Baltimore Alex Scally, e rapidamente formaron un dúo, Beach House.[6] Legrand adoita a mencionar como traballan organicamente xuntos, e como, en Scally, atopou a súa "alma xemelga musical".[7] Os dous levan gravados sete álbums de estudio como Beach House: Beach House (2006), Devotion (2008), Teen Dream (2010), Bloom (2012), Depression Cherry e Thank Your Lucky Stars (2015), e 7 (2018).