Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | Portugal | |||
Distritos | Distrito de Santarém | |||
Contén a división administrativa | ||||
Poboación | ||||
Poboación | 7.322 (2011) (146,44 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Superficie | 50 km² | |||
Comparte fronteira con | ||||
Datos históricos | ||||
Día festivo | ||||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 2260 | |||
Fuso horario | ||||
Outro | ||||
Irmandado con | ||||
Sitio web | cm-vnbarquinha.pt |
Vila Nova da Barquinha (tamén coñecida pola forma sincopada de Barquinha) é unha vila portuguesa pertencente ao distrito de Santarém, na provincia do Ribatejo, rexión do Centro e subrexión do Médio Tejo.
É sede do pequeno municipio de Vila Nova da Barquinha,[1] que ocupa 49, 53 km² de superficie,[2] e que no ano 2011, contaba con 7 322 habitantes.[3][4]
O concello está subdividido en 4 freguesías.[1]
O municipio limita ao norte polos municipios de Tomar e Abrantes, ao leste por Constância, ao sur pola Chamusca, ao suroeste pola Golegã, ao oeste polo Entroncamento e ao noroeste por Torres Novas.