Vinland Saga (en xaponés: ヴィンランド・サガ Hepburn: Vinrando Saga?) é un manga xaponés histórico escrito e ilustrado por Makoto Yukimura. A serie é publicado por Kodansha, e foi serializado en Weekly Shōnen Magazine antes de trasladarse a Monthly Afternoon. En maio de 2022, os seus capítulos foron recompilados en vinte e seis volumes tankōbon. Vinland Saga foi autorizado para a publicación en inglés por Kodansha USA.
O título, Vinland Saga, asóciase a Vinland segundo se describe en dúas sagas nórdicas. Porén, Vinland Saga comeza na Inglaterra controlada polos dinamarqueses a comezos do século XI, e presenta os invasores dinamarqueses de Inglaterra, comunmente coñecidos como viquingos. A historia combina unha dramatización do alzamento do rei Canuto o Grande cunha historia de vinganza centrada na figura do explorador Thorfinn, o fillo dun ex guerreiro asasinado que serve baixo un grupo de mercenarios responsables do feito; a historia avanza a través de varios arcos narrativos máis aló destes, que finalmente culmina cunha expedición a Vinland.
Unha serie de televisión anime de 24 episodios foi animada por Wit Studio, e estreouse en NHK General TV dende xullo a decembro de 2019. Unha segunda tempada, animada por MAPPA, estreouse a través de Tokyo MX e BS11 en xaneiro de 2023.
Vinland Saga está ambientada principalmente en 1013 en Inglaterra, que foi case toda conquistada polo rei dinamarqués Sweyn Forkbeard. Cando o rei Sweyn se achega á morte, os seus fillos, o príncipe Harald e o príncipe Canuto, loitan pola súa sucesión. A historia toma elementos de relatos históricos da época como Flateyjarbók, a Saga dos groenlandeses e a Saga de Erik o Roxo.[1][2]