Biografía | |
---|---|
Nacemento | século III |
Morte | 335 (Gregoriano) |
Rei dos vándalos | |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Familia | |
Fillos | Godexisilo |
Visumaro, Visimar, Wisimar, Wisumath ou Raegaise, foi un rei vándalo do século IV, da tribo dos Asdingos. Aínda que esta figura histórica está moi ensombrecida pola falta de datos históricos, é sinalado como un dos primeiros monarcas dos vándalos. A súa extensión territorial ocupaba partes da entón provincia romana de Dacia (rexións da actual Transilvania en Romanía, Hungría oriental polas ribeiras do Tisza até Ucraína).
Tivo, polo menos, un fillo: Godexisilo, que tamén foi rei dos vándalos asdingos e que morreu no 407.
O historiador Xordanes relatou que durante o avance dos godos tervingos se enfrontou ao seu rei, Xeberico,[1] á beira dun río húngaro no 335,[2] e que nese enfrontamento perdeu a vida; porén, os asdingos deron armas aos escravos e conseguiron rexeitar os godos.[3]
Predecesor: -- |
Reino dos vándalos .... - 406 |
Sucesor: Godexisilo |