Volaða land | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Volaða land |
Director | Hlynur Pálmason |
Produtor |
|
Guión | Hlynur Pálmason |
Intérpretes | |
Música | Alex Zhang Hungtai |
Fotografía | Maria von Hausswolff |
Montaxe | Julius Krebs Damsbo |
Estudio | Snowglobe Films Garagefilm International |
Distribuidora |
|
Estrea | Cannes: 24 de maio de 2022 |
Duración | 142 minutos |
Orixe | ![]() ![]() ![]() ![]() |
Xénero | Drama |
Recadación | 1,5 millóns de dólares |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Volaða land (en islandés) ou Vanskabte land (en dinamarqués) é un filme islandés-dinamarqués de 2022 dirixido por Hlynur Pálmason. Ambientado no século XIX, está protagonizado por Elliott Crosset Hove no papel de Lucas, un sacerdote luterano de Dinamarca que viaxa a Islandia para estabelecer unha nova igrexa parroquial, mais a súa fe é desafiada polas duras condicións da vida rural, incluída a súa incapacidade como falante monolingüe de dinamarqués para comunicarse co seu guía islandés asignado, Ragnar (Ingvar Eggert Sigurðsson).
Foi escollido como candidato de Islandia para o Óscar ó mellor filme internacional na 96ª edición dos premios,[1] clasificándose na lista curta de decembro.[2]