Voo 2120 de Nigeria Airways | |
---|---|
O DC-8 do accidente.
| |
Resumo | |
Data | 11 de xullo de 1991 |
Causa | pneumático pouco inflado que se sobrequentou, incendiándose pouco despois da engalaxe |
Lugar | Aeroporto Rey Abdulaziz |
Coordenadas | |
Finados | 261 (todos) |
Aeronave | |
Tipo de aeronave | Douglas DC-8 |
Operador | Nationair, operando para Nigeria Airways |
Rexistro | C-GMXQ |
Pasaxeiros | 247 |
Tripulación | 14 |
Superviventes | 0 |
O voo 2120 de Nigeria Airways foi un voo chárter de pasaxeiros dende Jeddah, Arabia Saudita ata Sokoto, Nixeria o día 11 de xullo de 1991 que se estrelou pouco despois de engalar do aeroporto internacional Rei Abdulaziz. Morreron as 247 pasaxeiros e 14 tripulantes a bordo do aparello. O avión era un Douglas DC-8 operado por Nationair para Nigeria Airways. O voo 2120 foi o peor accidente dun DC-8[1][2] e é un dos peores dunha aeroliña canadense.[3]
O avión involucrado no accidente era un Douglas DC-8-61 fabricado en 1968 con rexistro C-GMXQ. Pertencía á compañía canadense Nolisair e normalmente operaba para Nationair; no momento do accidente estaba sendo alugado a Nigeria Airways, que á súa vez sub-alugouno a outra compañía para transportar peregrunos nixerianos á Meca.[4]
William Allan, o piloto de 47 anos ao mando, era un antigo piloto da Forza Aérea do Canadá e tiña 10 700 horas de voo, das cales 1 000 foran no DC-8. O primeiro oficial Kent Davidge, de 36 anos, teña 8 000 horas de voo, 550 delas no DC-8. O enxeñeiro de voo Victor Fehr, de 46 anos, tiña 7 500 horas, das cales 1 000 foran neste modelo.[5][6] O DC-8 era o principal avión usado pola aeroliña.[6]
O avión saíu do aeroporto Rei Abdulaziz cara ao aeroporto Sadiq Abubakar III en Sokoto, pero informou de problemas pouco despois da engalaxe.[4][1] A tripulación non sabía que durante a saída o avión se incendiara, e aínda que o propio lume non era obvio os seus efectos si o eran. A presurizarización fallou rapidamente, e a tripulación viuse inundada de avisos sen sentido causado polos fallos de circuítos provocados polo lume. En resposta ao fallo de presurización, Allan decidiu permanecer a 2 000 pés, pero o voo foi autorizado a 3 000 pés como resultado de que o controlador o confundise cun voo de Saudia que tamén estaba informando de problemas de presurización debido a que o capitán identificouse por un erro como "Nationair 2120" en vez de como "Nigerian 2120", unha confusión que durou tres minutos[7] aínda que finalmente non tivo efectos no resultado final.[3] En medio disto, o primeiro oficial Davidge informou que estaba perdendo os sistemas hidráulicos.[3] A tripulación só se decatou do lume cando un asistente de voo apresuroue á cabina de mando informando que había "fume na parte de atrás... realmente malo".[7][3] Pouco despois, Davidge informou de que perdera os aleróns, forzando a Allan a tomar o control; cando Allan o fixo a gravadora de voces de cabina fallou.[7] Nese momento o controlador de tráfico aéreo decatouse que o voo 2120 non era o de Saudia e estaba en problemas, e dirixiunos cara a pista. Posteriormente Allan contactou múltiples veces co control de tráfico aéreo, entre esas comunicacións solicitou vehículos de emerxencia.[7]
Cando o avión estaba a uns 18 quilómetros do aeroporto a unha altura de 671 metros, un punto onde o tren de aterraxe podería ter sido baixado, o avión comezou a experimentar unha ruptura en voo e varios corpos caíron del, indicando que o lume nese momento consumira parcialmente o chan da cabina.[7] A 2 875 metros da pista o avión volveuse incontrolable e esnafrouse[7] matando a todos os seus ocupantes.[4][1][8]