Voo 261 de Thai Airways International | |
---|---|
![]() Un A310 semellante ao do accidente.
| |
Resumo | |
Data | 11 de decembro de 1998 |
Causa | perda, desorientación con mal tempo, erro do piloto |
Lugar | a 0,7 km ao sur do Aeroporto de Surat Thani |
Coordenadas | |
Orixe | Aeroporto Don Mueang |
Destino | Aeroporto de Surat Thani |
Finados | 101 |
Feridos | 45 |
Aeronave | |
Tipo de aeronave | Airbus A310-204 |
Operador | Thai Airways International |
Rexistro | HS-TIA |
Pasaxeiros | 132 |
Tripulación | 14 |
Superviventes | 45 |
O voo 261 de Thai Airways International (TG261/THA261) era un voo de pasaxeiros regular dende o Aeroporto Internacional Don Mueang en Bangkok ata o Aeroporto de Surat Thani en Surat Thani, Tailandia. O voo estaba operado por Thai Airways International, a aeroliña nacional de Tailandia. O 11 de decembro de 1998 o avión, un Airbus A310-204 con rexistro HS-TIA, entrou en perda e estrelouse nun arrozal ao intentar aterrar no Aeroporto de Surat Thani. Morreron un total de 101 persoas no accidente.
O Comité de Investigación de Accidentes de Aviación de Tailandia (AAIC) abriu unha investigación sobre o suceso. Esta investigación revelou que a tripulación desorientárase. A visibilidade era limitada e o estrés causou que a tripulación perdese o control do avión. O AAIC destacou tamén a escasa iluminación de Surat Thani e os avisos defectuosos do avión.
O accidente foi o segundo con máis vítimas mortais en Tailandia, tras o voo 004 de Lauda Air. Foi tamén o quinto peor accidente dun Airbus A310.
O HS-TIA era un Airbus A310-204, con número de serie 415 e anteriormente rexistrado como F-WWBI para probas de voo con Airbus. Estaba bautizado co nome Phitsanulok e voara por vez primeira o 3 de marzo de 1986 e fora entregado a Thai Airways o 29 de abril dese ano.[1]