Voo 32 de SANSA | |
---|---|
Un Aviocar semellante ao do accidente
| |
Resumo | |
Data | 15 de xaneiro de 1990 |
Causa | fatiga dos pilotos |
Lugar | Cerro Cedral, Costa Rica |
Coordenadas | |
Orixe | aeroporto Juan Santamaría |
Destino | aeroporto Palmar Sur |
Finados | 23 |
Aeronave | |
Tipo de aeronave | CASA C-212 Aviocar |
Operador | SANSA |
Rexistro | TI-SAB |
Pasaxeiros | 20 |
Tripulación | 3 |
Superviventes | 0 |
O voo 32 de SANSA foi un CASA C-212 Aviocar que de camiño ao aeroporto Palmar Sur esnafrouse no Cerro Cedral, unha montaña en Costa Rica despois de engalar do aeroporto Juan Santamaría en San Xosé o día 15 de xaneiro de 1990. Os 20 pasaxeiros e 3 tripulantes morreron no accidente. Determinouse que a causa foi a fatiga dos pilotos. Na época foi o peor accidente dun CASA C-212 Aviocar e no presente é o quinto peor dese modelo. Tamén é o segundo peor accidente en Costa Rica.[1]
O voo 32 de SANSA engalou do aeroporto Juan Santamaría ás 08:25 hora local e foi autorizado a ascender a 5 500 pés. Pouco despois a tripulación recibiu outra autorización para subir a 8 500 pés. A medio camiño do ascenso o avión chocou contra o Cerro Cedral a 7 200 pés, matando a todos os ocupantes do avión.[2]
A investigación atopou que a principal causa do accidente foi o incumplimento do plan de voo proposto discutido co control de tráfico aéreo, que debería levar ao avión a voar baixo condicións IMC (condicións meteorolóxicas de voo por instrumentos) en vez de VFR (regras de voo visual). Os factores de paoio inclúen a falta dun sistema de aviso de proximidade ao chan, fatiga dos pilotos e a falta dun programa de seguridade en SANSA.[3]