Voyagers | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Voyagers |
Director | Neil Burger |
Produtor |
|
Guión | Neil Burger |
Intérpretes | |
Música | Trevor Gureckis |
Fotografía | Enrique Chediak |
Montaxe | Naomi Geraghty |
Estudio |
|
Distribuidora | Lionsgate |
Estrea | 9 de abril de 2021 |
Duración | 108 minutos |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Ciencia ficción |
Orzamento | 29 millóns de dólares[1] |
Recadación | 4,2 millóns de dólares[2][3] |
Na rede | |
Voyagers é un filme estadounidense de 2021 escrito, co-producido e dirixido por Neil Burger.[4] Está protagonizado por Tye Sheridan, Lily-Rose Depp, Fionn Whitehead, Colin Farrell, Chanté Adams, Isaac Hempstead Wright, Viveik Kalra, Archie Renaux, Archie Madekwe e Quintessa Swindell, e conta a historia dun grupo de astronautas adolescentes enviados a unha misión multixeracional no ano 2063 para colonizar un exoplaneta habitable no medio do cambio climático desbocado e a diminución da habitabilidade na Terra. Os astronautas caen na paranoia e aos conflitos sociais despois de descubrir que as súas personalidades e emocións estaban sendo artificialmente suprimidas. Foi descrito como un "Señor das moscas no espazo". Estreouse nos cinemas o 9 de abril de 2021 a través de Lionsgate e foi un fracaso de recadación, conseguindo 4,2 millóns de dólares[2][3] contra un orzamento de produción de 29 millóns.[1][5]