(2019) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de outubro de 1968 (55 anos) Dair al-Qamar, Líbano |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Líbano Canadá |
Educación | National Theatre School of Canada (en) |
Actividade | |
Ocupación | actor , director de cinema , guionista , escritor , dramaturgo , director |
Lingua | Árabe libanês (pt) e lingua francesa |
Premios
| |
Páxina web | wajdimouawad.fr |
Wajdi Mouawad, nado en Beirut o 16 de outubro de 1968, é un escritor, actor e director de teatro canadense.
Naceu no seo dunha familia libanesa cristián-maronita. Os seus pais fuxiron do Líbano a París, Francia, en 1977 por mor dos conflitos civís que arrasaron o país até a década de 1990. Cinco anos máis tarde, en 1983, estabelecéronse no Quebec. Diplomouse en 1991 pola Escola Nacional de Teatro do Canadá. De 2000 a 2004, dirixiu o Teatro de Quat'Sous de Montreal e, en 2005, fundou as compañías de creación "Au carré de l'hypoténuse", en Francia, e "Abé carré cé carré" en Montreal con Emmanuel Schwartz.
Alcanzou renome internacional tralo éxito da súa tetraloxía Le sang des promesses (Forêts, Littoral, Incendies, Ciels), escrita e dirixida por el.
En 2009, foi o artista asociado do Festival de Avignon e recibiu o Gran premio do teatro da Academia francesa polo conxunto da súa obra dramática. De 2007 a 2012 foi director artístico do Teatro Francés do National Arts Center (NAC) (en inglés) ou Centre National des Arts (CNA) (en francés) de Otava.[1] Naqueles anos, foi asociado do Espace Malraux de Chambéry (Francia) coa súa compañía francesa, Au carré de l’hypoténuse, creada en 2005 á vez que a súa compañía quebequesa, Abé Carré Cé Carré. Foi artista asociado do teatro Le Grand T de Nantes (Francia) a partir de 2012, e dende abril de 2016 é o director do teatro nacional da Colline, en París.[2]