Wakolda | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Wakolda |
Director | Lucía Puenzo |
Produtor | Lucía Puenzo |
Guión | Lucía Puenzo |
Baseado en | Wakolda de Lucía Puenzo |
Intérpretes | Àlex Brendemühl Natalia Oreiro Diego Peretti |
Música | Daniel Tarrab Andrés Goldstein |
Fotografía | Nicolás Puenzo |
Montaxe | Hugo Primero |
Distribuidora | Distribution Company |
Estrea | Festival de Cannes: 22 de maio de 2013 19 de setembro de 2013 |
Duración | 94 minutos |
Orixe | Arxentina España Noruega Francia |
Xénero | Drama |
Na rede | |
http://www.wakolda.com/eng/index.html | |
|
Wakolda é un filme de 2013 dirixido, producido e escrito por Lucía Puenzo, que se basea na súa propia novela.[1] É unha coprodución entre a Arxentina, España, Noruega e Francia. Está protagonizado por Àlex Brendemühl como o oficial nazi das SS Josef Mengele,[2] que realizou experimentos en humanos no campo de concentración de Auschwitz. O resto do elenco complétano Florencia Bado, Natalia Oreiro, Diego Peretti, Elena Roger e Guillermo Pfening.[3]