War and Pain | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de Voivod | ||||
Publicado | 10 de agosto de 1984 | |||
Gravación | xuño de 1984 | |||
Estudio(s) | Le Terroir Studio, Laterrière | |||
Duración | 42:07 | |||
Xénero(s) | thrash metal, speed metal | |||
Selo(s) | Metal Blade Records | |||
Produtor | Voivod, Brian Slagel | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
War and Pain é o primeiro álbum de estudio da banda canadense de heavy metal Voivod, publicado o 10 de agosto de 1984 a través do selo Metal Blade Records. Segundo unha entrevista en televisión de 1986 coa banda, o disco vendeu 40 000 copias durante os dous primeiros anos.
War and Pain foi reeditado varias veces en formato CD: en 1990 a través de Enigma; foi remasterizado e reeditado en 1994 por Metal Blade; Roadrunner lanzouno en 1990 na súa serie Pricekillers; e novamente por Metal Blade en 2004 como unha caixa de 3 CDs remasterizados.[1][2][3]
O grupo fixo un video musical para o tema "Voivod" que foi dirixido por Dédé Fortin.
Todas as letras por Denis "Snake" Bélanger e toda a música por Denis "Piggy" D'Amour, Jean-Yves "Blacky" Thériault e Michel "Away" Langevin, agás onde se indique.
This Side (Iron) | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
N.º | Título | Duración | |||||||
1. | "Voivod" | 4:16 | |||||||
2. | "Warriors of Ice" | 5:04 | |||||||
3. | "Suck Your Bone" | 3:30 | |||||||
4. | "Iron Gang" | 4:15 | |||||||
5. | "War and Pain" | 4:55 |
That Side (Blower) | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
N.º | Título | Duración | |||||||
6. | "Blower" | 2:42 | |||||||
7. | "Live for Violence" | 5:11 | |||||||
8. | "Black City" | 5:08 | |||||||
9. | "Nuclear War" | 7:01 |
Canción extra da edición orixinal en casete | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
N.º | Título | Duración | |||||||
10. | "Condemned to the Gallows" | 5:07 |
"Condemned to the Gallows" gravouse orixinalmente para o álbum recompilatorio Metal Massacre V. Á parte dunha edición en casete, "Condemned to the Gallows" foi o único tema que nunca apareceu nos CD e LP orixinais, nin foi regravado para posteriores lanzamentos de Voivod.