Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de marzo de 1958 (66 anos) Illas Cook |
Deputado do Parlamento das Illas Cook | |
Datos persoais | |
Educación | Universidade de Auckland |
Actividade | |
Ocupación | diplomático, político |
Partido político | Partido Demócrata |
Wilkie Olaf Patua Rasmussen, nado o 21 de marzo de 1958 en Pernhyn, é un político das Illas Cook.
Rasmussen estudou na Universidade de Auckland, logo de exercer como barrister e solicitor, foi o secretario do Gabinete das Illas Cook, e logo Alto Comisario en Nova Zelandia de 2000 a 2002.[1] Entrou por vez primeira no Parlamento nas eleccións parciais para a circunscrición de Penrhyn celebradas en 2002 como membro do Partido das Illas Cook.[2] Logo das eleccións de 2004 entrou no goberno de Jim Marurai en substitución de Piho Rua como ministro de Cultura e Turismo.[3] e máis tarde asumiu a carteira de Asuntos Exteriores. Pouco antes das eleccións de 2006 deixou o seu partido e entrou a militar no Partido Demócrata,[4] revalidando o seu escano nas eleccións sen oposición, foi deseguido elixido vicelíder dos demócratas en agosto de 2007, substituíndo a Tepure Tapaitau[5] e foi ministro de Asuntos Exteriores, Inmigración, Recursos Mariños e Turismo ata o 28 de xullo de 2009 cando Marurai o cesou por deslealdade[6] e o partido expulsouno o 25 de agosto de 2009[7], aínda que volveu ao gabinete en decembro de 2009 logo do cesamento de Terepai Maoate e a marcha dos ministros demócratas[8], unha conferencia do partido en xuño de 2010 puxo fin á querela interna e nomeouno como o seu vicelíder.[9]