Biografía | |
---|---|
Nacemento | 2 de febreiro de 1886 Brooklyn, Estados Unidos de América |
Morte | 4 de maio de 1950 (64 anos) Nova York, Estados Unidos de América |
Educación | Universidade Yale |
Actividade | |
Ocupación | escritor, poeta |
Membro de | |
Familia | |
Cónxuxe | Marjorie Flack (1941–1950) Elinor Wylie (1923–1928) |
Fillos | James Walker Benét () |
Pai | James Walker Benét |
Irmáns | Stephen Vincent Benét |
Premios | |
| |
William Rose Benét, nado o 2 de febreiro de 1886 e finado o 4 de maio de 1950, foi un escritor e crítico literario estadounidense, irmán máis vello do tamén escritor Stephen Vincent Benét.
Naceu en Brooklyn nunha familia de tradición militar, pasou a súa infancia en Bethlehem, Pensilvania, estudou na The Albany Academy en Albany, Nova York e na Universidade Yale, onde se graduou en 1907. Comezou a editar a Saturday Review of Literature en 1924 e continuou a editala e a escribir nela ata a súa morte. En 1942 levou o Premio Pulitzer de poesía polo poemario autobiográfico The Dust Which Is God (1941). Tamén é autor de The Reader's Encyclopedia (1948), obra de referencia da literatura mundial.