(2021) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de xuño de 1912 Indiana, Estados Unidos de América |
Morte | 17 de xullo de 1991 (79 anos) Madison, Estados Unidos de América |
Educación | Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts University of Evansville (en) |
Actividade | |
Ocupación | enxeñeiro, arquitecto |
Profesores | Frank Lloyd Wright |
Familia | |
Cónxuxe | Svetlana Alliluyeva (1970–1973) Svetlana Hinzenberg |
Fillos | Chrese Evans () Svetlana Alliluyeva |
Irmáns | Margedant Peters Hayakawa |
William Wesley Peters nado o 12 de xuño de 1912 en Terre Haute, Indiana e finado o 17 de xullo de 1991 en Madison, Wisconsin, foi un arquitecto e enxeñeiro estadounidense.
Peters foi o maior de dous fillos que naceron de Frederick Romer Peters e Claire Adelaide Peters. A súa irmá, Margedant Peters, foi a esposa de SI Hayakawa, o noveno presidente da Universidade Estatal de San Francisco, que máis tarde representou ao estado de California no Congreso. Peters foi ao Evansville College e logo asistiu ao Massachusetts Institute of Technology durante dous anos.[1]
Peters uniuse á Taliesin Fellowship, dirixida por Frank Lloyd Wright. Entre outras cousas, axudou a Wright na construción de Fallingwater e a sede de Johnson Wax. Tamén foi responsable do deseño estrutural do Museo Solomon R. Guggenheim. Deseñou o Palacio das Perlas e o Colexio Damavand, ambos construídos en Irán. Tamén deseñou a Lincoln Income Life Insurance Tower en Louisville, Kentucky.[2]
En 1935, Peters casou coa fillastra de Wright, Svetlana Hinzenberg Wright (1917–1946), coa que tivo dous fillos. Svetlana morreu cun dos fillos nun accidente de tráfico en 1946. Despois da morte de Wright en 1959, Peters converteuse en presidente de Taliesin Associated Architects. En 1970 casou con Svetlana Alliluyeva, filla de Joseph Stalin. A parella tvo unha filla, Olga. O matrimonio divorciouse en 1973. En 1985, Peters converteuse en presidente da Fundación Frank Lloyd Wright, cargo que ocupou até a súa morte en 1991.