Biografía | |
---|---|
Nacemento | (it) Eros Rizzo 21 de outubro de 1922 Nápoles, Italia |
Morte | 25 de febreiro de 2013 (90 anos) 13.º arrondissement de Paris, Francia (pt) |
Lugar de sepultura | Cemiterio do Père-Lachaise, 22 (2013–) Grave of Rizzo (en) |
Actividade | |
Lugar de traballo | París |
Ocupación | fotógrafo, fotoxornalista, xornalista, deseñador |
Período de actividade | 1950 - 2012 |
Empregador | Paris Match (pt) Point de vue (en) Marie Claire (pt) |
Familia | |
Cónxuxe | Dominique Rizzo (1979–2013) Elsa Martinelli (1968–1978) |
Willy Rizzo, nado en Nápoles o 22 de outubro de 1928 e finado en París o 25 de febreiro de 2013, foi un fotógrafo coñecido polos seus retratos de famosos e a a súa vinculación co Festival de Cannes.
Se ben naceu en Italia, nos anos 30 trasladouse coa súa nai a Francia. Cara ao final da segunda guerra mundial, viaxou a Tunisia como reporteiro de guerra, e despois da mesma cubriu os Xuízos de Nuremberg.
Reconvertido en fotógrafo de famosos, a fama viulle pola súa cobertura de décadas do Festival de Cannes, xa desde a súa primeira edición no 1946. Centrado en retratos de famosos, especialmente actores, chegou a facer amizade con varios, e mesmo actuou nunha película do seu amigo Jack Nicholson.
O autor de cómics Hergé inspirouse nel para crear o personaxe de Walter Rizotto, o paparazzi que sae no cómic de As aventuras de Tintín, As xoias da Castafiore.
Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
|