Windows 3.0 | |
---|---|
Desenvolvedor | Microsoft |
Familia de S.O. | Microsoft Windows |
Lanzamento | 22 de maio de 1990 |
Modelo de desenvolvemento | Código pechado |
Tipo de núcleo | Monolítico |
Licenza | Microsoft CLUF (EULA) |
Última versión estable | 3.11 1 de novembro de 1993 |
Estado actual | Desbotado |
Sitio web | http://www.microsoft.com/ |
Windows 3.x é o nome xenérico para a as versións do sistema operativo Windows Windows 3.0, Windows 3.1 e Windows 3.11.
Windows 3.0 saíu o 22 de maio de 1990, foi a primeira versión de Windows realmente popular, vendeu máis de 10.000.000 de unidades, e puido competir con éxito co Macintosh de Apple Computer e co Commodore Amiga.
Microsoft fixo unha verdadeira reconstrución do sistema operativo para facer un mellor uso da memoria dos microprocesadores Intel 80286 e Intel 80386, podendo redireccionar a memoria máis aló dos 640 KB. Tiña un administrador de programas e un administrador de arquivos ademais de Combo Boxes, menús xerárquicos e arquivos INI privados para cada aplicación.
A versión Windows 3.0a, lanzada a fins de 1991 tiña extensións multimedia que permitían o soporte de unidades de CD-ROM e tarxetas de son.
Windows 3.1 saíu ao mercado o 18 de marzo de 1992, incluía versións para fontes True Type e OLE.
Windows 3.1 para traballo en grupos saíu ao mercado en outubro de 1992 e tiña soporte para redes. Unha versión mellorada Windows 3.11 para traballo en grupos saíu en decembro de 1993.
Este artigo sobre informática é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |