X-Men: Evolution | |
---|---|
Formato | Serie animada |
País de orixe | Estados Unidos |
Episodios | 22 minutos aprox. |
Produción | |
Duración | 48 episodios |
Emisión orixinal | |
Canle de orixe | Cartoon Network |
Primeiro episodio | 4 de novembro de 2000 |
Derradeiro episodio | 25 de outubro de 2003 |
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
X-Men: Evolution é unha serie animada baseada nos X-Men, estreada en novembro do 2000. O seu lanzamento é contemporáneo á película X-Men, e reformula en gran medida a concepción tradicional do grupo, xa que moitos das súas personaxes son redeseñadas coma adolescentes que van ao colexio. A serie foi emitida no Xabarín Club, programa infantil galego.
Ao comezar a serie os únicos mutantes no instituto Xavier son o propio Charles Xavier, Lobeto, Tormenta e os mozos Ciclope e Jean Grey. Por outra banda, está a mutante Mística que pode cambiar de forma e faise pasar por directora da escola Bayville, traballando baixo as ordes dun escuro mutante chamado Magneto.
Os primeiros episodios relatan a "guerra fría" entre ambos os bandos por localizar mutantes e unilos ao seu propio grupo, os X-Men e a Irmandade respectivamente. Ao final da tempada desátase a guerra entre ambos, e Magneto leva aos gañadores ao seu asteroide para "amplificar" os seus poderes para combater á humanidade. Pero finalmente todos logran escapar e facer explotar o asteroide.
Aínda que existen cada día máis mutantes, o groso da opinión pública aínda ignora a súa existencia. A maior parte dos episodios retratan os intentos por manter a súa existencia en segredo, intentos que chegan a un desastroso final cando os X-Men e a Irmandade deben combater xuntos a un xigantesco Sentinela (un robot) no medio dunha avenida, e sendo filmados todo o tempo.
A Irmandade queda sen líderes, e deixa de ser un grupo de supervillanos para pasar a ser simplemente un grupo de revoltosos. Mística anda pola súa conta, facéndose pasar por unha nova alumna (Misty), para gañarse así a amizade de Pícara, a quen considera a súa filla. Mística finalmente regresa á Irmandade cunha gran sorpresa: Wanda Maximoff, a poderosísima filla de Magneto, que o odia por encerrala nun manicomio... e de paso odia tamén ao seu presumido irmán Pietro.
O segredo dos mutantes xa é coñecido. Agora realizan grandes esforzos para poder ser aceptados na sociedade. Por outra banda, xorde unha ameaza para todos: un poderosísimo mutante do pasado, Apocalipse.