Xalé | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Xalé |
Director | Moussa Sene Absa |
Guión | Moussa Sene Absa Pierre Magny Ben Diogaye Beye |
Intérpretes | Nguissaly Barry Ibrahima Mbaye Tché Rokhaya Niang Mabeye Diol |
Música | Henri Guillabert Freres Guissé |
Fotografía | Amath Niane |
Montaxe | Pape Mbengue |
Estudio | Les Films du Continent |
Estrea | Londres: 8 de outubro de 2022 |
Duración | 101 minutos |
Orixe | Senegal |
Xénero | Suspense |
Na rede | |
Xalé é un filme senegalés de 2022 dirixido por Moussa Sene Absa.[1] É o terceiro filme do director da súa triloxía centrada nas mulleres, despois de Tableau Ferraille (1995) e L'Extraordinaire destin de Madame Brouette (2002).[2] Foi escollido como candidato do Senegal para o Óscar ó mellor filme internacional na 95ª edición dos premios,[3] mais finalmente non foi nomeado.
Ambientada en Dakar, o filme conta historia de dous xemelgos de 15 anos, Awa (Nguissaly Barry) e Adama (Mabeye Diol). Awa está centrada nos seus estudos académicos, mentres o seu irmán, Adama, ten como obxectivo emigrar a Europa. Trala morte da súa avoa, son postos a cargo do seu tío Atoumane (Ibrahima M'Baye).