Xenia | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Ξενία |
Director | Panos H. Koutras |
Produtor | Alexandra Boussiou Eleni Kossyfidou Panos H. Koutras |
Guión | Panagiotis Evangelidis Panos H. Koutras |
Intérpretes | Kostas Nikouli Nikos Gelia Patty Pravo |
Música | Delaney Blue |
Fotografía | Hélène Louvart Simos Sarketzis |
Montaxe | Yorgos Lamprinos |
Distribuidora | Feelgood Entertainment (Grecia) Pyramide Distribution (Francia) |
Estrea | Festival de Cannes: 19 de maio de 2014![]() |
Duración | 128 minutos |
Orixe | ![]() ![]() ![]() |
Xénero | Drama |
Na rede | |
http://inter.pyramidefilms.com/content/xenia | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Xenia (en grego: Ξενία) é un filme grego de 2014 dirixido por Panos H. Koutras. É unha coprodución entre Grecia, Bélxica e Francia. Foi escollido para competir na sección Un Certain Regard do Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2014,[1] e na sección de Cinema Mundial Contemporáneo do Festival Internacional de Cinema de Toronto de 2014.[2] Foi escollido como candidato de Grecia para o Óscar ó mellor filme internacional na 88ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.[3][4]
O filme trata sobre dous irmáns, Dany, de 15 anos, homosexual, e Odysseas (Ody), de case 18 anos. A súa nai, unha cantante albanesa, acaba de morrer. Temendo ser deportados, os irmáns marchan de Atenas a Salónica na busca do seu pai grego. Están obsesionados coa cantante italiana Patty Pravo, e Ody, que ten unha gran voz, planea cantar unha das súas cancións nun concurso de talentos.[5]