Xoana de Arco | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Joan of Arc |
Director | Christian Duguay |
Produtor | Peter Bray |
Guión | Michael Alexander Miller Ronald Parker |
Intérpretes | Leelee Sobieski Peter O'Toole Jacqueline Bisset Powers Boothe |
Música | Asher Ettinger Charlotte Church |
Fotografía | Pierre Gill |
Montaxe | Ralph Brunjes |
Distribuidora | CBC (Canadá) CBS (USA) |
Estrea | ![]() ![]() |
Duración | 180 minutos (2 partes) |
Orixe | ![]() ![]() |
Xénero | Drama, Histórico |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Xoana de Arco (en inglés: Joan of Arc) é un telefilme en dúas partes protagonizado por Leelee Sobieski no papel de Xoana de Arco e dirixido por Christian Duguay, que se estreou en 1999. Estreouse en galego na TVG o 8 de outubro de 2011.[1]
Guerra dos Cen Anos (séculos XIV e XV). En 1412, nace en Domrémy Xoana, a filla duns campesiños. Dende nena ten visións nas que Santa Catarina, San Miguel e Santa Margarida lle encomendan a misión de salvar a Francia dos invasores ingleses. Convence a un oficial para que a escolte ata o castelo de Chinon, onde debe entrevistarse con Carlos, o Delfín de Francia, que aínda non foi coroado rei, xa que a cidade de Reims está en mans dos ingleses. Xoana logra que o Delfín lle proporcione tropas para romper o asedio de Orleáns. A doncela de Lorena conduce ós franceses á vitoria. Unha vez liberada Reims, o Delfín é proclamado rei co nome de Carlos VII. Durante unha campaña militar para liberar París, Xoana é capturada polos borgoñóns, que a entregan ós ingleses a cambio de cartos. Acusada de bruxería e herexía, é condenada por un tribunal relixioso, afín a Inglaterra, a morrer queimada no lume (1431). Tiña só 19 anos. En 1920, a Igrexa Católica canonizouna.