![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Morte | 1238 (Gregoriano) ![]() Trebisonda, Turquía ![]() |
Causa da morte | morte accidental, caída de cabalo ![]() |
Emperador de Trebisonda | |
1235 – 1238 ← Andrónico I de Trebisonda – Manuel I de Trebisonda → ![]() | |
Actividade | |
Ocupación | gobernante ![]() |
Familia | |
Fillos | Q22342997 ![]() |
Pais | Aleixo I de Trebisonda ![]() ![]() |
Irmáns | Manuel I de Trebisonda Comnena ![]() |
Xoán I Comneno Aksúkhos (en grego: Ιωάννης Α΄ Μέγας Κομνηνός Αξούχος, Iōánnēs I Mégas Komnēnós Axúkhos), finado en 1238, foi emperador de Trebisonda de 1235 a 1238.
Foi o fillo máis vello de Aleixo I de Trebisonda e Teodora Aksukhina, e era quizais aínda menor de idade no momento da morte do seu pai en 1222, xa que o trono pasou ao seu cuñado, Andrónico I Xidos.
Xoán ascendeu ao trono á morte do seu cuñado en 1235 e tivo un reinado breve e sen incidentes por tres anos, morrendo en 1238 nun accidente mentres xogaba ao tzykanion, unha variante de polo entre a nobreza bizantina. O seu fillo Xoán, que era menor, foi a un mosteiro e o irmán de Xoán I Manuel ascendeu ao trono. Algunhas fontes suxiren que Xoán reinou brevemente antes de abdicar e converterse nun monxe.