Xudit e Holofernes é unha escultura de bronce (236 cm de altura sen pedestal) realizada por Donatello cara ao final da súa carreira, entre 1453 e 1457. Dende o 1988, consérvase na Sala dos Lirios do Palazzo Vecchio en Florencia. Donatello foi o primeiro escultor, dende as esculturas antigas, en realizar un deseño individual e libre de estruturas arquitectónicas. Coma no David e o monumento a Gattamelata, en Xudit e Holofernes crea por primeira vez un grupo de figuras fisicamente en tres dimensións.
![]() |
Este artigo sobre arte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |