YOLO é un acrónimo de orixe inglesa, que significa "you only live once" ("só vives unha vez"). Foi popularizada a raíz de ser empregado polo rapeiro Drake en 2011, aínda que historicamente semella atribuída a Mae West.[1][2]
Na década dos 2010 converteuse nunha expresión amplamente empregada pola mocidade[3], sobre todo en países anglófonos e en Internet, e sendo habitualmente empregada coma sinónimo da expresión "carpe diem". O actor Zac Efron ten unha tatuaxe con este lema.[4]