Este artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente.
Non confundir con Iolanda Díaz Gallego (Sarria 1934), activa colaboradora nas distintas actividades desenvolvidas pola emigración galega .
Yolanda Díaz Pérez , nada en Fene o 6 de maio de 1971 ,[ 1] é unha dirixente política galega , ministra de Traballo e Economía Social desde xaneiro de 2020 e vicepresidenta segunda do Goberno de España , desde xullo de 2021. É fundadora de Sumar e foi a súa coordinadora xeral dende abril até xuño de 2024, trala súa dimisión por mor dos malos resultados das eleccións europeas .[ 2]
Pertenceu ata 2019 á federación galega de Esquerda Unida , da que foi a súa coordinadora desde 2005 ata o 3 de xuño de 2017 en que foi relevada no cargo por Eva Solla .[ 3] Foi deputada no Parlamento de Galicia entre 2012 e 2016. Desde xaneiro de 2016 (XI lexislatura ) é deputada no Congreso dos Deputados .
É filla de Xesús Díaz Díaz (Suso Díaz), exsecretario xeral de Comisións Obreiras de Galicia e sobriña de Xosé Díaz Díaz , ex-deputado do Bloque Nacionalista Galego . Foi a primeira das nenas nadas no novo barrio obreiro de San Valentín, Fene , vinculado daquela aos estaleiros de ASTANO . Na adolescencia trasladouse a Santiago de Compostela e estudou no instituto Rosalía de Castro. Licenciouse en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela , para despois ampliar estudos en París .[ 1] Realizou tres mestrados, en Urbanismo, en Relacións Laborais e en Recursos Humanos, materia na que está especializada.
Empezou traballando como avogada nun bufete compostelán. En 1998 colexiouse e abriu o seu despacho (laboralista[ 4] ) en Ferrol .[ 5]
Accedeu á coordinación xeral de Esquerda Unida en 2005 , cando era a candidata da formación á presidencia da Xunta de Galicia nas eleccións dese ano. Obtivo uns 12.000 votos (0,8%), a cuarta forza máis votada.
Nas eleccións municipais de 2003 foi cabeza de lista da formación á alcaldía de Ferrol . A coalición recuperou representación no Concello, da que se vira privada na lexislatura anterior pola crise que derivou na ruptura e o xurdimento de Esquerda Galega-Os Verdes . Obtivo dúas actas de edil, acompañada polo veterano dirixente Fernando Miramontes .
Díaz nunha manifestación da Plataforma Queremos Galego!
Nas eleccións municipais de 2007 foi de novo cabeza de lista da formación á alcaldía de Ferrol[ 6] . Obtivo 5.203 votos (14,19%) e catro edís: Javier Galán , Miguel Reimúndez , Sari Alabau e ela mesma. Tras formalizar un acordo para un goberno co PSOE , foi elixido alcalde o socialista Vicente Irisarri , con Yolanda Díaz como primeira tenente de alcaldía.
O 28 de outubro de 2008 , o goberno de coalición rachou. Irisarri permaneceu como rexedor en minoría no PSOE e Esquerda Unida pasou á oposición. Yolanda Díaz mantívose como voceira.
No 2009 foi a candidata de Esquerda Unida á presidencia da Xunta de Galicia nas eleccións autonómicas,[ 7] mais non logrou entrar no Parlamento. En 2012 repetiu pola provincia da Coruña e foi elixida deputada autonómica. Ese ano formaron a coalición Alternativa Galega de Esquerda (AGE), xunto con Anova-Irmandade Nacionalista , Espazo Ecosocialista Galego e Equo-Galicia . Foi a viceportavoz do seu grupo no Parlamento ata as eleccións xerais de 2015, nas que se presentou ao Congreso dos Deputados.[ 8]
É deputada no Congreso dos Deputados desde 2016 .[ 9] Tanto nas eleccións xerais de 2015 como nas de 2016 foi candidata na lista de En Marea pola provincia da Coruña e entrou como deputada por esa provincia. Nas eleccións xerais de abril de 2019 e nas de novembro do mesmo ano foi candidata na lista de En Común-Unidas Podemos pola Provincia de Pontevedra e foi escollida deputada por estoutra provincia.[ 10] Dentro do Congreso, foi vogal e portavoz adxunta de varias comisións.[ 9]
En xaneiro de 2020 foi nomeada Ministra de Traballo e Economía Social [ 11] no goberno de coalición do PSOE e Unidas Podemos , o primeiro na democracia.[ 12] Tomou posesión o día 13 dese mes. No acto sinalou que o principal reto deste país é recuperar o traballo con dereito, debemos derrogar a reforma laboral para retomar os dereitos das traballadoras e os traballadores .[ 13]
↑ 1,0 1,1 "Yolanda Díaz Pérez" . galegos.galiciadigital.com . Consultado o 2020-01-06 .
↑ "Yolanda Díaz dimite como líder de Sumar" . Nós Diario . 10 de xuño de 2024. Consultado o 10 de xuño de 2024 .
↑ "Eva Solla se hace con el liderazgo de Esquerda Unida y releva a Yolanda Díaz" . La Voz de Galicia (en castelán ) . 2017-06-04. Consultado o 2020-01-06 .
↑ Olías, Laura. "Yolanda Díaz, la abogada laboralista gallega que tomará las riendas del Ministerio de Trabajo" . eldiario.es (en castelán ) . Consultado o 2020-01-09 .
↑ Hernández, Nuria (2019-12-04). "Así es Yolanda Díaz, posible nueva ministra de Trabajo: de familia sindicalista, con tres posgrados e íntima de Irene Montero" . vf (en castelán ) . Consultado o 2020-01-06 .
↑ "Resultados de Izquierda Unida en las elecciones municipales y autonómicas del 27 de mayo de 2007" (PDF) . web.archive.org . Archived from the original on 06/07/2007. Consultado o 06/01/2020 .
↑ "La ferrolana Yolanda Díaz, candidata de Esquerda Unida" . www.elcorreogallego.es . Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2016. Consultado o 2020-01-06 .
↑ "Reseñas biográficas dos deputados e deputadas da Cámra" (PDF) . parlamentodegalicia.es . Arquivado dende o orixinal (PDF) o 30/10/2020. Consultado o 06/01/2020 .
↑ 9,0 9,1 "Díaz Perez, Yolanda" . congreso.en . Arquivado dende o orixinal o 20/07/2019. Consultado o 06/01/2020 .
↑ "Estos son los diputados de Galicia en el Congreso tras las elecciones del 10N" . 20minutos (en castelán ) . 11/11/2019. Consultado o 6/1/2020 .
↑ "Los ministros del Gobierno de Pedro Sánchez, uno a uno" . La Vanguardia (en castelán ) . 2020-01-11. Consultado o 2020-01-13 .
↑ Casqueiro, Javier; Pérez, Fernando J. (2020-01-08). "Pedro Sánchez logra la investidura y formará el primer Gobierno de coalición de la democracia" . El País (en castelán ) . ISSN 1134-6582 . Consultado o 2020-01-13 .
↑ "Ministerio de Trabajo, Migraciones y Seguridad Social - Gabinete de comunicación - Laboral -" . prensa.empleo.gob.es (en castelán ) . Arquivado dende o orixinal o 14 de xaneiro de 2020. Consultado o 2020-01-14 . Arquivado 14 de xaneiro de 2020 en Wayback Machine .
XIV LEXISLATURA (7 de xaneiro de 2020 - 17 de agosto de 2023)
II Goberno de Pedro Sánchez Pérez-Castejón (dende o 12 de xullo de 2021)
Xefe do Estado Presidente de Goberno Vicepresidencias Ministerios
· Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación , José Manuel Albares Bueno
Ministerio de Xustiza , Pilar Llop Cuenca
Ministerio de Defensa , Margarita Robles Fernández
Ministerio de Hacienda y Función Pública , María Jesús Montero Cuadrado
Ministerio do Interior , Fernando Grande-Marlaska Gómez
Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbá , Raquel Sánchez Jiménez
Ministerio de Educación e Formación Profesional , Pilar Alegría Continente
Ministerio de Industria, Comercio e Turismo , Reyes Maroto Illera · Héctor José Gómez Hernández
Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación , Luis Planas Puchades
Ministerio da Presidencia, Relacións coas Cortes e Memoria Democrática , Félix Bolaños García
Ministerio de Política Territorial , Isabel Rodríguez García
Ministerio de Cultura e Deporte , Miquel Iceta Llorens
Ministerio de Sanidade , Carolina Darias San Sebastián · José Miñones Conde
Ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2025 , Ione Belarra Urteaga
Ministerio de Ciencia e Innovación , Diana Morant Ripoll
Ministerio de Igualdade , Irene Montero Gil
Ministerio de Consumo , Alberto Garzón Espinosa
Ministerro de Inclusión, Seguridade Social e Migracións , José Luis Escrivá Belmonte
Ministerio de Universidades , Manuel Castells Oliván · Joan Subirats (dende o 16 de decembro de 2021)
Voceira do goberno
XV LEXISLATURA (a partir do 17 de novembro de 2023)
Xefe do Estado Presidente de Goberno Vicepresidencias Ministerios
Ministerio de Asuntos Exteriores, Unión Europea e Cooperación , José Manuel Albares Bueno
Ministerio da Presidencia, Xustiza e Relacións coas Cortes , Félix Bolaños García
Ministerio de Defensa , Margarita Robles Fernández
Ministerio do Interior , Fernando Grande-Marlaska Gómez
Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible , Óscar Puente
Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes , Pilar Alegría Continente
Ministerio de Industria e Turismo , Jordi Hereu
Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación , Luis Planas Puchades
Ministerio de Política Territorial e Memoria Democrática , Ángel Víctor Torres
Ministerio de Vivenda e Axenda Urbana , Isabel Rodríguez García
Ministerio de Cultura , Ernest Urtasun
Ministerio de Sanidade , Mónica García
Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030 , Pablo Bustinduy
Ministerio de Ciencia e Innovación , Diana Morant Ripoll
Ministerio de Igualdade , Ana Redondo
Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións , Elma Saiz
Ministerio de Transformación Dixital , José Luis Escrivá
Ministerio de Xuventude e Infancia , Sira Rego
Voceira do goberno