Nome orixinal | (ja) 貞本義行 |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 29 de xaneiro de 1962 (62 anos) Shūnan, Xapón |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Xapón |
Educación | Tokyo Zokei University (en) Q11467072 |
Actividade | |
Ocupación | ilustrador , deseñador de personaxes , artista de banda deseñada , Mangaka , animador , director de animación |
Período de actividade | 1981 - |
Lingua | Lingua xaponesa |
Obra | |
Obras destacables
| |
Familia | |
Cónxuxe | Mako Takaha |
|
Yoshiyuki Sadamoto (貞本 義行 Sadamoto Yoshiyuki?), nado en Tokuyama (hoxe Shūnan, na Prefectura de Yamaguchi) o 29 de xaneiro de 1962, é un deseñador, animador e artista manga xaponés, e un dos membros fundadores do estudio de anime Gainax.
Antes de que Gainax fose fundado co seu nome oficial (anteriormente coñecíase como Daicon Film), Yoshiyuki traballou como animador no segundo proxecto de animación, o Daicon IV. O seu primeiro traballo como deseñador de personaxes en Gainax foi para Royal Space Force: The Wings of Honnêamise, lanzado en 1987. Dende entón, Sadamoto ten acreditadas moitas obras de sona, sendo a máis recoñecible Neon Genesis Evangelion, onde traballou como deseñador de personaxes. Os tres filmes máis recentes de Yoshiyuki inclúen Toki o Kakeru Shōjo (2006), Samā Wōzu (2009) e Ōkami Kodomo no Ame to Yuki (2012).