Zaira

Zaira
Elección da favorita, Giulio Rosati
FormaÓpera seria
Actos e escenas2 actos
Idioma orixinal do libretoItaliano
LibretistaFelice Romani
Fontes literariasZaïre, de Voltaire
Estrea6 de maio de 1829
Teatro da estreaTeatro Ducale
Lugar da estreaParma
Música
CompositorVincenzo Bellini
Localización da partituraConservatorio S. Pietro a Majella, Nápoles
Personaxes

Zaira (soprano)
Orosmane (baixo)
Nerestano (mezzosoprano)
Corasmino (tenor)
Lusignano (baixo)
Fatima (mezzosoprano)
Meledor (baixo)
Castiglione (tenor)

Zaira é unha ópera seria con música de Vincenzo Bellini e libreto en italiano de Felice Romani baseado na traxedia homónima de Voltaire (1732). A súa estrea tivo lugar no Teatro Ducale (actual Teatro Regio) de Parma o 16 de maio de 1829.

Zaira foi a quinta ópera de Bellini, composta entre marzo e maio de 1829, e estreada pouco despois da estrea de La straniera no Teatro alla Scala de Milán en febreiro dese mesmo ano. Zaira estreouse no "Nuovo Teatro Ducale" en Parma (actualmente Teatro Regio) o 16 de maio de 1829.[1] Porén, a estrea da ópera, que fora escrita expresamente para a inauguración do teatro, resultou un fracaso. Mentres que o éxito de Bellini fora inmediato, "foi o primeiro contratempo serio nunha carreira brillante ata aquela."[1] Un crítico atribúe o fracaso ao amor tradicional de Parma e o seu favoritismo pola música de Rossini,[1] mentres que outro sinala que unha combinación do compositor ao que se vía demasiado pola cidade (cando se supuña que estaba a traballar) e o feito de que Romani sinalara no libreto impreso que a ópera fóra escrita en só 30 días, foron factores significativos.[2] Outros feitos que puideron contribuír ao fracaso son a lonxitude excesiva dos recitativos e a elección dun tema clásico baseado máis nun conflito moral que pasional. Zaira é, porén, unha ópera rica en fermosas melodías. Os arabescos típicos do fraseo belliniano harmonízanse coa atmosfera da historia, culminando co solo de corno inglés que abre a escena nocturna final.

Bellini empregou posteriormente partes substanciais da música de Zaira para a súa seguinte ópera I Capuleti e i Montecchi,[2] que foi estreada en marzo do ano seguinte. Tamén se poden atopar partes da súa música en Beatrice di Tenda e I puritani.

Excepto por unha reposición en 1836 en Florencia, non se realizou ningunha representación en 140 anos.[1] Emporiso, Zaira foi reposta en 1976 nunha reconstrución de Rubino Profeta no Teatro Massimo Bellini de Catania cun elenco que incluía a Renata Scotto e Giorgio Lamberti, e novamente en 1990 con Katia Ricciarelli e Ramón Vargas. Ámbalas dúas producións foron gravadas.

Esta ópera represéntase moi pouco na actualidade, aparecendo nas estatísticas de Operabase con tan só 2 representación no período 2005-2010.[3] Á parte de representacións en 2006 no Musiktheater im Revier de Gelsenkirchen (Alemaña), e unha representación de concerto no Festival de Radio France et Montpellier de 2009 en Francia,[4] as representacións desta ópera son raras.

Personaxes

[editar | editar a fonte]
Personaxe Tesitura Elenco na estrea, 16 de maio de 1829
(Director: Ferdinando Melchiorri)
Zaira, favorita de Orosmane soprano Henriette Méric-Lalande
Orosmane, sultán de Xerusalén baixo Luigi Lablache
Nerestano, irmá de Zaira mezzosoprano Teresa Cecconi
Corasmino, visir tenor Carlo Trezzini
Lusignano, pai de Zaira e Nerestano baixo Giovanni Inchindi
Castiglione tenor Francesco Antonio Biscottini
Fatima soprano Marietta Sacchi
Meledor baixo Pietro Ansiglioni

Argumento

[editar | editar a fonte]

A acción ten lugar en Xerusalén no harén do sultán Orosmane en torno aos séculos XIV e XV.

A trama da ópera xira en torno á heroína, Zaira, que loita entre a súa fe cristiá e o seu amor por Orosmane, o sultán musulmán de Xerusalén. Na época das Cruzadas, no Xerusalén reconquistado aos franceses polo sultán Saladino (1138-1193), vencedor dos Cabaleiros Templarios, o sultán Orosmane non quere ver aos cristiáns en Terra Santa, especialmente ao conde de Lusignan. En contra do consello do visir Corasmino, o sultán ama a Zaira, cativa francesa. Aparece un francés: Nérestan que, é o irmán de Zaira e fillo de Lusignan, reclamando que os dereitos da súa familia sexan recoñecidos e reestablecidos. Séntese desgarrado pola súa paixón imposible, por non atopar o xeito de reconciliar o desexo e o deber, non pode casar cunha cristiá, sendo el musulmán. En medio dunha lucidez angustiosa, o sultán mata a Zaira e se mata a si mesmo despois.[5]

Arias célebres

[editar | editar a fonte]
  • Per chi mai, per chi pugnasti?, cavatina de Corasmino (acto I)
  • Amo ed amata io sono, cavatina de Zaira (acto I)
  • Qui crudele, in questa terra, terzetto de Lusignano, Nerestano e Zaira (acto I)
  • O Zaira, in quel momento, aria de Nerestano (acto II)
  • Preludio da úaltim escena: solo de corno inglés (acto II)

Grabaciones

[editar | editar a fonte]
Ano Elenco
(Zaira,
Orosmane,
Corasmino,
Nerestano,
Lusignano)
Director,
Teatro de ópera e orquestra
Selo[6]
1976 Renata Scotto,
Luigi Roni,
Giorgio Lamberti,
Maria Luisa (Bordin) Nave,
Mario Rinaudo
Danilo Belardinelli
Orquestra e coro do Teatro Massimo Bellini
(Gravación dunha representación en Catania, 30 de marzo e 1 de abril)
CD de son: Opera d'Oro
Cat: OPD 1442
1990 Katia Ricciarelli,
Simone Alaimo,
Ramón Vargas,
Alexandra Papadjakou,
Luigi Roni
Paolo Olmi
Orquestra e Coro do Teatro Massimo Bellini
(Gravado en representacións en Catania, 23, 25, 27 de setembro)
CD de son: Nuova Era
Cat: 6982/83
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Holden, p. 49
  2. 2,0 2,1 Friedrich Lippmann, (Trans. T.A. Shaw) "Zaira Yesterday and Today" no folleto que acompaña a gravación de Nuova Era.
  3. "Estatísticas de Operabase". Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2017. Consultado o 23 de agosto de 2012. 
  4. See operadis-opera-discography.org.uk for details
  5. Wang,Lee Yu. "Vincenzo Bellini. Zaira, 1829". classiquenews.com (en francés). Arquivado dende o orixinal o 28 de xullo de 2012. Consultado o 23 de agosto de 2012.  Arquivado 28 de xullo de 2012 en Archive.is
  6. Gravacións de Zaira en operadis-opera-discography.org.uk

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Holden, Amanda (Ed.), The New Penguin Opera Guide, Nova York: Penguin Putnam, 2001. ISBN 0-14-029312-4
  • Osborne, Charles, The Bel Canto Operas of Rossini, Donizetti, and Bellini, Portland, Oregón: Amadeus Press, 1994 ISBN 0-931340-71-3

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]