Biografía | |
---|---|
Nacemento | 22 de marzo de 1979 (45 anos) Saviñao, España |
Educación | Real Conservatorio Superior de Música de Madrid Berklee College of Music |
Actividade | |
Ocupación | compositora |
Premios | |
| |
Zeltia Montes Muñoz, nada o 22 de marzo de 1979 en Madrid, é unha compositora musical galega especializada en bandas sonoras de filmes.[1][2]
De pai galego e nai madrileña, ingresou no conservatorio de Madrid e con 9 anos comezou a compoñer. En 2002 recibiu o título de profesora de piano e de solfexo, para posteriormente especializarse en música moderna. En 2005 trasladouse ao Berklee College of Music de Boston, onde estudou con John Bavicchi, Tom McGah ou Dennis Leclaire. En 2007 graduouse "cum laude" e especializouse en bandas sonoras, sendo escollida compositora da súa orquestra sinfónica contemporánea. En 2008 trasladouse aos Ánxeles e vive entre España e os Estados Unidos de América.[3]
En 2008 compuxo a súa primeira banda sonora para o filme galego Pradolongo de Ignacio Vilar, pola que gañou o Premio Jerry Goldsmith e a Medalla de Ouro á Excelencia no Park City Film Music Festival.[4] En 2010 compuxo a banda sonora de A tropa de trapo no país onde sempre brilla o sol, pola que gañou de novo o premio Jerry Goldsmith e a Medalla de Ouro á Excelencia no Park City Film Music Festival.[5] En 2015 gañou o premio á mellor música orixinal para o filme A esmorga na 13ª edición dos Premios Mestre Mateo.[6] En 2017 foi candidata ao Premio Goya á mellor canción orixinal polo documental Frágil equilibrio[7] e en 2019 por Adiós foi candidata ao Premio Feroz á mellor música orixinal[8] e á Medalla do CEC á mellor música.[9]
Gañou o Goya 2022 a mellor música orixinal composta para a película El buen patrón, sendo a primeira muller en conseguir este premio.[10][11]