![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1612 ![]() Kaifeng, República Popular da China (pt) ![]() ![]() |
Morte | 1672 ![]() |
Actividade | |
Ocupación | pintor, poeta, calígrafo ![]() |
Familia | |
Cónxuxe | Wang Sun ![]() |
Parentes | Zhou Taixuan, descendente linear ![]() |
Descrito pola fonte | Biografía das 700 personalidades senlleiras da dinastía Qing, (p.30-31) Collected Stele Biographies (en) ![]() Biographies of the Qing dynasty (en) ![]() ![]() |
Zhou Lianggong (chinés tradicional e simplificado: 周亮工; pinyin: Zhōu Liànggōng; Wade-Giles: Chou1 Liang4-kung1), nado en Kaifeng en 1612 e finado en 1672, foi un poeta, calígrafo, ensaísta e historiador da arte chinés.
Zhou Lianggong naceu en Kaifeng en 1612, aínda que a súa familia tiña as súas orixes na cidade de Nanjing. En 1640, aprobou os exames oficiais, sendo nomeado maxistrado de Weixian (Shandong), cidade que tivo que defender das tropas manchús dos Qing. Tras a vitoria destes, comezou a servir á nova administración imperial.
En 1655, foi acusado de corrupción polo gobernador de Fujian e Zhejiang, polo que foi detido. Sería amnistiado en 1661, recuperando o seu traballo de funcionario.[1]
En 1671, Zhou destruíu moitos dos seus escritos,[2] mais non os dos seus asociados, aos que guiou e editou. Entre as obras conservadas, destacan unha colección de apuntamentos coñecida como Yinshuwu shuying 因树屋书影, que compuxo estando na cadea, así como unha notable selección de cartas, titulada Chidu xinchao 尺牍新抄.