![]() (1933) ![]() | |
Nome orixinal | (zh) 朱光潜 ![]() |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 19 de setembro de 1897 ![]() Tongcheng, República Popular da China (pt) ![]() ![]() |
Morte | 6 de marzo de 1986 ![]() Pequín, República Popular da China ![]() |
Educación | Universidade de Hong Kong Universidade de París University College de Londres Universidade de Edimburgo Universidade de Estrasburgo ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Estética e historia da estética ![]() |
Ocupación | tradutor ![]() |
Empregador | Universidade de Beijing Universidade de Wuhan Universidade Tsinghua Universidade de Sichuan ![]() |
Partido político | Kuomintang ![]() |
Movemento | Escola de Beijing ![]() |
Premios | |
Zhu Guangqian (chinés tradicional: 朱光潛; chinés simplificado: 朱光潜; pinyin: Zhū Guāngqián; Wade-Giles: Chu1 Kuang1-ch'ien2), nado o 19 de setembro do 1897 e finado o 6 de marzo do 1986, foi un erudito e experto en estética chinés do século XX.[1]
Zhu Guangqian naceu en Tongcheng (provincia de Anhui) no 1897, onde fixo a secundaria. No 1922, graduouse na Universidade de Hong Kong. Posteriormente, estudou estética na Universidade de Edimburgo e no University College de Londres. No 1931, trasladouse a Francia para doutorarse na Universidade de Estrasburgo. Tras regresar á China, comezou a publicar diversas obras, como Wenyi xinlixue 文藝心理學 ("Psicoloxía da literatura e das artes"), Shilun 詩論 ("Sobre a poesía"), Xifang meixue shi 西方美學史 ("Historia da estética en Occidente") ou Tan mei shujian 談美書簡 ("Cartas sobre a beleza").[2][3]
Durante a década dos 30, organizou un salón literario en Beijing no que se reunían mensualmente diversos intelectuais para recitar as súas poesías. Entre os asistentes incluíanse Wen Yiduo, Chen Mengjia, Zhu Ziqing, Bing Xin, Ling Shuhua, Bian Zhilin, Lin Huiyin, Xiao Qian ou Shen Congwen. Estes escritores tiveron unha influencia capital na literatura da república, e conformaban o que se coñece como Escola de Beijing.[2]
Zhu Guangqian foi un dos pioneiros da estética contemporánea na China. O seu traballo céntrase no estudo da literatura e das artes, así como na crítica literaria. Nos seus comezos, estivo moi influenciado polas teorías estéticas de Benedetto Croce e Immanuel Kant, para despois afondar no estudo da psicoloxía artística. Tras a fundación da República Popular da China no 1949, desenvolveu tamén unha perspectiva marxista.[4]
A súa obra principal é Xifang meixue shi 西方美學史 (1963), unha investigación pioneira no seu país. Tamén destacou como tradutor de Platón, Hegel, Croce ou Giambattista Vico, entre outros.[4]