Zvizdan | |
---|---|
Póster do filme. | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Zvizdan |
Director | Dalibor Matanić |
Produtor | Ankica Jurić Tilić Petra Vidmar Frenk Celarc Nenad Dukić Miroslav Mogorović |
Guión | Dalibor Matanić |
Intérpretes | Tihana Lazović |
Estrea | Festival de Cannes: 17 de maio de 2015 |
Duración | 123 minutos |
Orixe | Croacia Serbia Eslovenia |
Xénero | Drama |
Na rede | |
Zvizdan é un filme croata de 2015 dirixido por Dalibor Matanić. Estreouse na sección Un Certain Regard do Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2015, onde gañou o Premio de Xurado.[1][2][3] É o primeiro filme croata en ser estreado en Cannes dende a independencia do país en 1991.[4] O filme foi escollido como candidato de Croacia para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 88ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.[5]